venres, 9 de marzo de 2018

Plantación das alumnas e os alumnos de 3º


Este mércores as alumnas e os alumnos de 3º de Educación Primaria plantaron no invernadoiro. Desta volta plantaron leitugas lisas. Ademais, plantaron unha árbore a carón do colexio. Trátase dunha moreira, de nome científico Morus alba. Como sabedes, as follas desta árbore son as favoritas dos vermes de seda, pois esperamos crialos para o vindeiro curso, co obxecto de observar a súa metamorfose.





Ningún comentario:

Publicar un comentario