xoves, 8 de marzo de 2018

EXPOSICIÓN SOBRE ESPECIES INVASORAS


Hoxe dúas persoas de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) instalaron no noso centro unha exposición sobre especies invasoras. Trátase dunha serie de paneis nos que se expón o problema que supoñen as especies invasoras nos nosos ecosistemas, especies tanto vexetais como animais. Esta exposición comeza na entrada do edificio norte (onde están as aulas de Educación Infantil, entre outras) e segue polo primeiro andar. esta exposición estará no noso colexio ata o 22 deste mes. É moi interesante. 
Convidámosvos a todas e a todos a que veñades vela.













Ningún comentario:

Publicar un comentario