martes, 23 de maio de 2017

PREMIO PROVINCIAL VOZ NATURA 2016-2017



O noso colexio ven de recibir o premio provincial da 20ª edición de Voz Natura. O Comité Científico do programa Voz Natura, promocionado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, considerou que o noso colexio é merecedor deste premio pola diversidade de actuacións medioambientais desenvolvidas no centro. Este premio é para todos e todas, de toda a Comunidade Educativa, pois premia o traballo levado a cabo durante todos estes anos. Felicidades!!!  

martes, 16 de maio de 2017

WIND EXPERTS









Durante estas últimas semanas os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Primaria están a participar nun concurso sobre enerxías renovables, que leva por título "Wind Esperts", e está organizado pola empresa EDP Renováveis.

FORMIGAS







Durante esta semana podemos contemplar no colexio un grupo de formigas que trouxo unha alumna de 3º de Educación Primaria. Unha vez que as teñamos observado durante uns días, estes curiosos seres voltarán á súa vida na Natureza.

venres, 12 de maio de 2017

CARACOIS





No noso colexio temos a sorte de poder observar continuamente moitos animais, moitos deles invertebrados. Respectámolos porque sabemos que todos son importantes e valiosos no ciclo da vida do noso planeta, incluso estes caracois, que poden comernos as follas dos nosos cultivos. Procuramos vivir en boa vecindade con eles e estudamos o seu comportamento.

xoves, 11 de maio de 2017

RAS NA LAGOA







Ollade as ras que viven na nosa lagoa, semella que están contentas, aínda que non rin, claro.

xoves, 4 de maio de 2017

OS ALUMNOS E AS ALUMNAS DE 6º PLANTARON







O martes pasado os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Primaria saíron plantar no horto. Nesta ocasión plantaron acelgas de cores e amorodos. Ademais, axudaron no mantemento da lagoa, plantaron hortensias e regaron os lugares onde non chega o rego por goteo. Fixeron un bo traballo!

mércores, 3 de maio de 2017

RAS TOMANDO O SOL





Que ben están estas ras tomando o sol! Agora coa calor as nosas ras comezan a boa vida! Que continúen así!