xoves, 25 de febreiro de 2016

Xacintos e heléboros

Temos plantas con flor novas na entrada do colexio, como podedes ver nas imaxes. Desta vez puxemos xacintos (Hyacinthus spp.) con flores de diferentes cores,  e heléboros, tamén chamados Rosas de Nadal (Helleborus niger).







martes, 23 de febreiro de 2016

Plantación de allos

Este martes 23 os alumnos e alumnas de Educación Infantil prepararon un sementeiro con dentes de allo para despois plantalos no Horto. Unha vez que estivo preparado puxémolo na entrada do edificio de Infantil. 
https://youtu.be/tZidULmr-hI