martes, 30 de xuño de 2015

Actividades no Horto do Xixirei, curso 2014-2015

https://youtu.be/nuRZrE4bgSg
E así remata o curso no que ao horto e a actividades de Medio Ambiente se refire. Foi un curso moi variado, e traballouse arreo en todas as aulas. Neste curso fixeron a súa importante contribución as actividades propostas polo departamento da Biblioteca, e todas as aulas contribuíron ao esforzo común. Así mesmo, introducíronse algunha novidades no traballo do horto, como o emprego de caixas de cultivo na entrada do edificio de Infantil ou a experimentación con novas plantas, algunhas que foron adiante, como a alcachofa, o cacahuete ou o azafrán, mentres que outras non, como os intentos de cultivar trigo ou espárragos. Neste último caso, seguirémolo intentando! Sirva este vídeo como resumo destes traballos. E o curso que ven volveremos con forzas renovadas e gañas de facer as cousas mellor.
Ata pronto!

martes, 2 de xuño de 2015

Últimos traballos no horto

Nesta última quincena, no Horto do Xixirei plantamos moitas hortalizas, como podedes ver nesta publicación ao premer na imaxe. Esperemos que todo medre sen problemas!