venres, 27 de novembro de 2020

Tornado nunha botella

Esta semana na aula de 5º de Educación Primaria conseguimos formar un tornado dentro dunha botella, aquí tedes un pequeno vídeo sobre o resultado:

O procedemento que seguimos foi o seguinte
1. Enchemos de auga unha das botellas ata aproximadamente 2/3 da súa capacidade. Se quere podes engadirlle colorante alimenticio. 
2. Collemos os dous tapóns e facémoslles un furado do mesmo tamaño en ambos os dous tapóns. 
3. Despois pegamos os tapóns, facendo una tubaría improvisada con dos roscas, coa que podemos unir as dúas botellas. 
4. A continuación colocamos os tapóns ás botellas e poñemos unha cara arriba e a outra ao revés. 
5. Xiramos as botellas no sentido das agullas do reloxo varias veces, poñémolas nunha mesa e observamos o que ocorre...
O que sucede é que se forma un pequeno tornado dentro da botella. 
Ao comezo, cando a botella chea está arriba, e a de abaixo so contén aire, a auga case non cae, polo efecto da presión atmosférica. Para que saia a auga ten que entrar aire nesa botella, e faino formando burbullas. Se axitamos a auga facendo círculos permitimos que o aire da botella de abaixo poida subir. Así se forma un vórtice de remuiño e a auga empeza a xirar rapidamente debido á forza centrípeta, que fai que a auga se pegue ás paredes da botella.

domingo, 15 de novembro de 2020

Nova gravación dun oso nos montes galegos

O xornal dixital GCiencia ofrécenos unha nova gravación dun oso parto nos montes galegos. Estas imaxes foron difundidas pola conta Lobos de Galicia, un vídeo de outubro pasado, nun lugar que prefiren non identificar para salvagardar a integridade dos animais. 

A mandarina

A semana pasada fixemos en 5º un experimento experimento cunha mandarina. Diante que íamos meter en auga para ver que ocorría, tivemos de formular unha hipótese sobre o que pasaría coa coa froita con casca e con ela sen casca: flotarían?, caerían ao fondo?, terían un comportamento distinto nun caso e no outro?, por que?
Finalmente observamos o que ocorreu, como vedes nas imaxes. No primeiro caso a mandarina flota, a mandarina con monda contén aire entre a pel e a polpa, e o aire ten menos densidade que a auga. No segundo caso, ademais, la mandarina sen monda é máis permeable á auga, que se mete entre os cuarteiróns, aumentando deste xeito o seu peso.

xoves, 12 de novembro de 2020

Experimento sobre densidade con auga e aceite

A semana pasada fixemos en 5º un experimento moi interesante con auga, xeo e aceite. Seguindo os pasos do método científico, vimos como a auga en estado sólido, o xeo, ten menor densidade que a auga líquida e que o aceite e, polo tanto, flota neste. 
Antes de facer o experimento elaboramos diferentes hipóteses sobre o que podía pasar e, despois do mesmo, rexistramos as nosas observacións.

Plantación da plantas e árbores

As alumnas e os alumno de quinto de primaria traballaron no horto. Plantaron máis de corenta plantas, xunto con dous profesores. Repartíronse en dous grupos de 14 e 4 alumnas e alumnos. Uns plantaron sementes de árbores en macetas (landras de carballo, sámaras de pradairo, castañas, noces, xinkgos... e outros plantas en diferentes espazos co colexio. 

Temos intención de cambiar o invernadoiro de lugarun novo sitio mellor para ter máis espazo de xogo nos recreos.