luns, 28 de setembro de 2015

Comezamos a traballar no horto

Comezamos a traballar no horto este venres pasado os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria saíron ao horto a cachear patacas e recoller as cabazas que podedes ver nestas imaxes. Tamén fixeron unha boa limpeza, podando e arrincando malas herbas. Foi un bo traballo!

luns, 7 de setembro de 2015

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!


COMEZAMOS UN NOVO CURSO!
Ola a todos e a todas, xa estamos aquí de novo, e despois das vacacións, que esperamos que disfrutárades de verdade, ímosvos propoñer un curso no que pretendemos que o pasedes moi ben, con actividades interesantes relacionadas co coñecemento, a protección e a defensa do medio ambiente, porque defender o medio ambiente é mellorar as vidas de todos os seres vivos, incluídos, por suposto, os seres humanos e, en definitiva a vida na Terra, que é a nosa casa e o lugar donde vivimos nós e onde vivirán as novas xeracións.
Queremos aprender moitas cousas sobre a vida na Terra, sobre o lugar no que vivimos, sobre como levar unha vida máis sana e en harmonía coa natureza... 
Sabemos, ademais, que se vivimos esta aventura xunt@s podemos aprender moito máis, pois todas as persoas aprendemos unhas das outras, e axúdándonos mutuamente aínda moito máis. E cando dicimos que todas aprendemos de todas estamos dicindo, por exemplo, que non so os alumnos e alumnas aprenden dos profesores e profesoras, senón que os profesores e profesoras aprendemos tamén dos alumnos e alumnas. Ademais, está demostrando que cando colaboramos todos e todas na aprendizaxe, ista é motísimo maior!