xoves, 19 de febreiro de 2015

UN HORTO DE CONTOS



Seguindo a programación do Proxecto de Biblioteca que estamos a desenvolver neste curso, co título "Un horto de contos", nas aulas de Infantil puxeron en marcha varias actividades, entre elas unha serie de experimentos, dos que estas imaxes son unha mostra.

martes, 10 de febreiro de 2015

·ENTROIDO 2015

Este curso o Entroido do colexio vai relacionado coa horta e o mundo agrícola, polo que imos vir todos e todas con disfraces relacionados con ese tema. Se queredes ir vendo fotos, podedes ir á GALERÍA da páxina web do colexio.

Temperaturas de xaneiro, 2015