mércores, 27 de abril de 2016

O OURIZOCACHO





O OURIZOCACHO 
   Esta mañán, no corredor axardinado do edificio sur (onde están as aulas de Primaria) vimos, desde a aula de 2º un ourizocacho. Ao cabo dun anaco vimos que case non se movía, e pensamos que podería estar ferido. Despois de contemplalo desde a aula demos unha volta ao edificio para achegarnos a el. Puidemos observar que tiña a pata traseira esquerda enganchada nun fíos da malla antiherbas e cortámosllos, deixándoo ceibo. Así, pois, pensamos que marcharía unha vez liberado, pero non foi así, pola tarde seguía a uns metros agochado nos troncos do falso xasmín que hai diante da aula. Finalmente, Carmiña a algúns profes o recolleron nunha caixa e viron que tiña a pata en mal estado (foi moi difícil verlla, porque xa sabedes que os ourizocachos se encollen formando unha pelota de pinchos cando se sinten ameazados e é difícil verlle ningunha parte do corpo).
   Pensando o que facer, decidiuse chamar ao Centro de Recuperación da Fauna Silvestre da provincia da Coruña, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e que está no concello de Oleiros, preto de A Coruña. Dixéronos que ían vir recoller, ben esa mesma tarde ou ben ao día seguinte pola mañá. Por se tiña que pasar a noite no colexio preparámoslle unha caixa con comida e bebida, pero ao final non foi preciso porque ao cabo dun anaco viñeron recollelo. Claro, nós pensamos que non ían vir ata a mañán e posiblemente poderían velo os demais alumnos e alumnas do cole. Non foi así, e pedímoslles que nos informaran de como fora todo en canto puideran.
   A persoa que veu recollelo contounos que nese Centro van tentar curalo os veterinarios que traballan no Centro e que nos informarán cando pasen uns días. Esperamos que o noso ourizocacho cure pronto e que volva á Natureza á vivir a súa vida!

luns, 11 de abril de 2016

PLANTANDO ALLOS

https://youtu.be/7Ges3u9JTas
Este venres pasado os alumnos e as alumnas de Educación Infantil saíron ao horto a plantar os allos que puxeran tempo atrás no sementeiro. Aproveitamos este oco que nos concedeu o tempo sen chuvia para facelo. Pasárono moi ben con esta actividade e esperamos poder chegar a probalos pronto. Mágoa polos nenos e nenas que non puideron vir ao cole por causa da varicela. Desexámoslles que se recuperen pronto e volvan con ánimo ao cole!

luns, 4 de abril de 2016

Plantamos hortensias

Plantamos hortensias on PhotoPeach
Este venres pasado os alumnos e alumnas de 4º saíron plantar. Desta vez foron plantar hortensias no terreo exterior do colexio.