luns, 7 de maio de 2018

Pitiños


A ver se vos gosta este vídeo dos nosos pitiños nacendo e tendo as primeiras experiencias do mundo.

Recollendo a colleita

O venres recollemos as leitugas do invernadoiro que xa estaban listas para comer. Como non había moitas decidimos repartilas polas aulas e que alí as sorteasen entre as alumnas e os alumnos. Agora esperamos que nos conten se lles gostaron! Nas imaxes vedes a algunhas rapazas e rapaces traballando.

venres, 4 de maio de 2018

Nacementos



Onte naceron os primeiros pitos de kika na aula de 6º de Educación Infantil. O primeiro pito naceu pouco antes das 9:00, xa estaba case fora cando chegamos ao colexio! O segundo saíu ás 11:30. No momento actual xa naceron 7!
En todos os casos, permaneceron un tempo dentro da incubadora e despois trasladámolos a unha caixa que xa tiñamos preparada, cunha lámpada que lles aporta calor, ademais de pienso para pitos e auga. Así mesmo, botámoslles as cascas dos seus ovos trituradas, para que lles aporten o primeiro calcio.
Estamos moi contentas e moi contentos de que este acontecemento se estea dando tan ben e desexámoslles a estes pequenos seres unha existencia feliz.
Xa vos iremos contando como van indo!

mércores, 2 de maio de 2018

SOLTA DE CÁGADOS





O venres pasado soltamos na lagoa cágados de ra, fizxémoslles unha pequena cerimonia e ata cantamos en todo!