|
|
|
|
|
|
martes, 20 de decembro de 2016
FRÍO!
mércores, 7 de decembro de 2016
NA LAGOA
Na
nosa lagoa, aos poucos, van comezando a convivir diferentes especies
vexetais e animais. Unha parte importante das plantas puxémolas nós,
pero tamén van chegando a ela restos doutras plantas e árbores. Os
animais, en troques, proceden a maioría do entorno, pois nós so
introducimos peixes e ras. Temos observado a presencia do escaravello
mergullador, xunto con algunhas arañas que se desprazan camiñando
sobre a auga, ademais de vermes e algúns tipos que aínda non temos
identificado de larvas. Por suposto, ademais, algún paxaro xa se viu
dar un baño aquí. Como podedes observar nalgunhas fotos tamén
estamos a poñer pedras, algunhas delas bastante grandes; estas
pedras tróuxoas a nai de Elvis e Javier, moitas gracias...!
A
lagoa tamén comeza a recibir moitas visitas dos nosos alumnos e
alumnas, e tamén de dalgúns pais e nais. Animámosvos a todos e
todas a que veñades vela, a ver que vos parece, e non dubidedes en
dar as vosas opinións, que serán benvidas e nos axudarán a
mellorar e a aprender, xa que tal é un dos obxectivos fundamentais
das nosas actuacións, que entre todos e todas nos vaiamos
enriquecendo mutuamente coas nosas diversas experiencias e
aprendizaxes.
Con
esta experiencia, ademais, pretendemos tomar consciencia de que o
noso mundo é un mundo radicalmente vivo, no que todos os organismos
que nel viven teñen o seu papel e a súa importancia e que temos que
respectalos porque nós participamos dese mundo, somos parte del e
sen el tampouco nós existiriamos.
|
|
|
|
|
venres, 25 de novembro de 2016
A LAGOA EN MARCHA!
Esta semana
os pais de Alexandra de 3 anos, Mario e Beatriz, nos axudaron a enriquecer a
nosa lagoa. Trouxeron unha parella de peixes koi e algunhas ras. A maioría das
ras xa comezaron a hibernar, pero estas quedaron atrasadas, así que chegaron
para poder dar algúns chimpos antes. Tamén nos trouxeron plantas adaptadas á
vida nas lagoas, xunto con informacións sobre elas, que agora vos transmitimos.
As dúas primeiras plantas, Eichornia Crassipes, ou lirio de auga, e
Myriophyllum, fento de auga. A primeira destas plantas absorbe as sales
minerais disolúbeis na auga e evita a insolación e proporciona sombra; a
segunda é unha planta oxixenante, sérvelle de alimento aos peixes e permite as
postas e desoves de peixes e anfibios. Por outra parte trouxéronos plantas tapizantes,
Vessicularia dubyana.
Moitísimas
gracias, Mario e Beatriz.|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
xoves, 10 de novembro de 2016
A LAGOA EN MARCHA
Onte puxemos máis plantas na nosa charca. Desta vez trátase de plantas que van rodear a charca e nos amosarán un entorno máis natural, que tamén aproveitarán as nosas ras e outros animais para se agochar nelas. Se queredes buscar información sobre estas plantas, tomade nota dos seus nomes:
- Cotoneaster salicifolius
- Phormium tenax
- Uncinia rubra
- Carox
mércores, 9 de novembro de 2016
venres, 4 de novembro de 2016
XA TEMOS A NOSA LAGOA!
Que vos parece a nosa lagoa hoxe? Coidamos que
mellorou durante a fin de semana, pois a auga xa non está tan turbia. Dentro de
pouco a nosa lagoa irá creando o seu propio ecosistema onde todos os seres
vivos conviven e dependen uns dos outros. A isto van contribuír as plantas
acuáticas que puxemos. Velaí a lista das que xa están:
- Nenúfares ((Nymphaea spp.) tamén chamados lirios de auga
- Elodea, unha planta acuática que vive totalmente somerxida na auga
- Typha latifolia, unha especie de xunco ou espadana, tamén chamada mazá de auga
- Cyperus, outra especie de xunco. Deste mesmo xénero é o papiro, a planta coa que os antigos exipcios facían unha lámina na que podían escribir
- Equisetum arvense, ou cola de cabalo
- Alisma, outra planta acuática con flores moi vistosas
- Alocasia spp., ou orella de elefante
mércores, 26 de outubro de 2016
COMEZAMOS O TABALLO NA CHARCA
Ola a todos e a todas! Como vedes nas fotos, xa comezamos a instalar a nosa charca. Estamos a traballar todos os alumnos e alumnas de Infantil, máis algúns pais e nais que viñeron axudarnos. Como podedes apreciar, tamén, os traballos van moi avanzados, e contamos ter a charca preparada en pouco tempo. Xa estamos desexando escoitar cantar ás ras!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










