venres, 5 de abril de 2019

Reciclaxe con Adega

Onte xoves, as alumnas e os alumnos de 3º de Educación Primaria estiveron  con María, da asociación ecoloxista ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), a analizar os diferentes residuos dos contedores do colexio para comprobar se se está a facer correctamente a separación destes residuos nos diferentes colectores de lixo. Ao longo desta sesión foron determinando onde teñen que ir cada un dos residuos que xeramos. Tamén tomaron conciencia do importante que é  xenerar menos residuos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario