venres, 19 de outubro de 2018

Bichos bola

BICHOS BOLA (Oniscidea)
Hoxe algúns alumnos e alumnas de 3 de Educación Primaria, despois de traballar cos nosos composteiros, recollemos varios bichos bola para estudalos no noso vaso lúpa. 
O bicho bola é un artrópodo, orde dos crustáceos, o único deles que vive en terra, aínda que respira por branquias e non pos pulmóns . Vive moi cerca de nós os humanos, en xardíns, parques... Coñecémolo polo nome de cochinilla, tanto en galego como en castelán. Tamén se lle chama cochinilla da humidade ou, en castelán, chanchito de tierra, marranito... En inglés chámano woodlouse.
Ten sete pares de patas e exoesqueleto (ou sexa, un esqueleto externo, por fora, para se protexer).
Estes bichos son beneficiosos para os hortos, pois contribúen a desfacer a materia vexetal e producir compost
Gústalles vivir xuntos e acubillar uns sobre os outros, así manteñen o calor e a humidade.
Son animais pequenos e ovalados, que acadan preto dos 10 mm de longo. As súas actividades principais fanas de noite, son animais nocturnos. 
Poden vivir uns 3 anos e cambian o seu caparazón 5 veces na súa vida, ata que son adultos.
Comen de todo, son omnívoros: follas, raíces, insectos mortos... Teñen dentes, que lles permiten mastigar comida sólida
Gústalles estar en lugares escuros e húmidos, baixo anacos de madeira podre, regañas, ocos no chan...
Cando se senten ameazados botan un líquido cheirento para escorrentar aos posibles depredadores, pero prefiren enroscarse en si mesmos, formando unha bola, de aí lles ven o seu nome.

Ningún comentario:

Publicar un comentario