xoves, 6 de setembro de 2018

Comezo de curso 2018-2019


Ola a todas e a todos!
Xa estamos a comezar un novo curso, 2018-2119, esperamos que esteades a pasar un bo verán e que a quen aínda lle queden vacacións que as disfrute ao máximo. Esperamos que todo vos vaia moi ben! Nós xa estamos no colexio e comezamos con moitas ganas de traballar na defensa do Medio Ambiente xunto coa nosa querida comunidade educativa!
Neste curso temos moitos proxectos que queremos levar a cabo. En primeiro lugar, agradecémosvos a todos a todas vós o traballo realizado durante o curso pasado, sen a vosa axuda non sería posible levar a cabo este proxecto. Moitas grazas ás alumnas e alumnos deste colexio, a pais, nais, titores e titoras, á nosa conserxe Carmiña, á ANPA e a todo o profesorado!
Como en cursos anteriores seguimos a traballar un curso máis coa inestimable axuda da Fundación Fernández Rey-Latorre, a traveso do seu programa Voz Natura, a quen lle agradecemos de todo corazón a súa colaboración. Moitas gracias!
Tamén queremos agradecer a asociación Adega a súa colaboración e asesoramento ao longo do curso pasado, e esperamos seguir traballando con elas e eles.
Durante este curso temos previsto levar a cabo moitas actividades, por suposto relacionadas co noso horto, pero tamén coa contorna que nos rodea e coa nosa historia rural. Ímolo pasar xenial!
Ata pronto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario