venres, 1 de xuño de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, 5 DE XUÑO

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Esta celebración foi establecida pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas na súa resolución do 15 de decembro de 1972. Mediante esta conmemoración a Organización de Nacións Unidas (ONU) tenta sensibilizar á poboación mundial con respecto a temas ambientais. 
Este é un bo día para realizar diversas actividades relacionadas co Medio Ambiente.
Este ano a sede da celebración será a India, e nesta ocasión se centrará en combatir a contaminación por plásticos dun so uso, baixo o lema “Un planeta #SenContaminación por plásticos”.
Se queres ter máis información podes premer nestes enlaces: www.un.org/es/events/environmentday/ e http://worldenvironmentday.global/es/
No noso Concello, a Tropa Verde vaise sumar á celebración cun concurso que pretende concienciar á cidadanía sobre as alternativas no uso do plástico. Para teres máis información preme neste outro enlace: www.tropaverde.org ou a do Concello de Santiago


Ningún comentario:

Publicar un comentario