venres, 4 de maio de 2018

Nacementos



Onte naceron os primeiros pitos de kika na aula de 6º de Educación Infantil. O primeiro pito naceu pouco antes das 9:00, xa estaba case fora cando chegamos ao colexio! O segundo saíu ás 11:30. No momento actual xa naceron 7!
En todos os casos, permaneceron un tempo dentro da incubadora e despois trasladámolos a unha caixa que xa tiñamos preparada, cunha lámpada que lles aporta calor, ademais de pienso para pitos e auga. Así mesmo, botámoslles as cascas dos seus ovos trituradas, para que lles aporten o primeiro calcio.
Estamos moi contentas e moi contentos de que este acontecemento se estea dando tan ben e desexámoslles a estes pequenos seres unha existencia feliz.
Xa vos iremos contando como van indo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario