luns, 3 de abril de 2017

Plantación de árbores e arbustos

Hoxe os alumnos e as alumnas de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria plantamos no noso colexio árbores e arbustos doados pola Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Santiago. A tal efecto viñeron varios traballadores do Departamento de Parques e Xardíns de CESPA con plantóns e material preciso para levar a cabo a plantación. Antes da actividade xa viñeran prepararnos o terreo e facer os furados para que todo se desenvolvera sen problemas. Igualmente explicáronnos o importante que é plantar árbores. Moitas gracias por todo! 
Plantaron varios frambuesos e groselleiros, e algúns árbores (cerquiños, pereiras, maceiras e cerdeiras).
Como podedes ver nas imaxes o alumnado traballou con moito interese.













Ningún comentario:

Publicar un comentario