martes, 22 de setembro de 2020

COMEZO DO OUTONO 2020

O outono comeza hoxe 22 de setembro ás 15 horas e 31 minutos hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro, cando comezará o inverno.

No ceo ao amencer poderedes ver Venus e, ao comezo da estación, Marte; á noitiña serán visibles Xúpiter e Saturno, aos que se unirá Marte a mediados do mes de outubro.

O inicio do outono é a época do ano en que a lonxitude do día se acurta máis rapidamente. Ás latitudes da península, o Sol sae polas mañás máis dun minuto despois que o día anterior, e pola tarde ponse máis dun minuto antes. Así, ao comezo do outono, o tempo en que o Sol está por encima do horizonte diminúe case tres minutos cada día.
Esta información foi obtida da páxina:
https://astronomia.ign.es/inicio-de-las-estaciones, do Instituto Xeográfico Nacional

Benvidas e benvidos ao novo curso 2020-2021!

Ola a todas e a todos. Por fin xa estamos de volta ao colexio! Despois de tantos meses puidemos volver á nosa querida escola. Volvemos vernos e, aínda que con moita precacución e novos hábitos para protexernos do virus da Covid19, é unha gran alegría para todas e todos. 

Nesta novo curso debemos coidarnos seguindo todas as normas de saúde e distanciamento precisas para que poidamos seguir sans e desfrutando da compañía das nosas compañeiras e compañeiros e aprendendo todo o posible no colexio. Porque o máis importante é que esteamos sans, nós e as nosas familias. 

Tamén é importante que sigamos traballando na defensa e protección da Natureza e o Medio Ambiente, pois tamén é esencial que o planeta teña saúde. Se o noso planeta está san nós tamén o estaremos.

mércores, 1 de xullo de 2020

Xa temos nova lagoa!!

Nestes últimos días de xuño rematamos a ampliación da lagoa que tiñamos comezado días antes do confinamento polo Covid 19. Como lembraredes, primeiro a baleiráramos, deixándoa sen agua e estivéramos a cavar para facela máis grande. Cando chegou o confinamento, sen embargo, tivemos que abandoar todo este traballo e a lagoa secou. 
Pero agora, por fin retamatámola e quedou así de xeitosa. Agora xa volve haber ras, escarabellos acuáticos, zapateiros, ninfas de cabaliños do demo... En pouco tempo haberá de novo un ecosistema de seres vivos na nosa lagoa que poderemos estudar cando voltemos ao colexio.
Ata entón, felices vacacións a todas e todos!

martes, 16 de xuño de 2020

O equilibrio dos ecosistemas e a biodiversidade

Neste vídeo fálannos da importancia de protexer o noso planeta respectando a súa diversidade.

Actividade 17 do Museo de Historia Natural da USC

O Museo de Historia Natural da USC ven de publicar un novo obradoiro para facer na casa, o número 17. Baixo o título "Unha augamar moi perigosa", no que nos ensinan a facer unha augamar, unha medusa con materiais que temos na nosa casa. Tamén fálannos da importancia dos mares e os océanos e da necesidade de protexelos dos plásticos.