Neste vídeo fálannos da importancia de protexer o noso planeta respectando a súa diversidade.
martes, 16 de xuño de 2020
Actividade 17 do Museo de Historia Natural da USC
O Museo de Historia Natural da USC ven de publicar un novo obradoiro para facer na casa, o número 17. Baixo o título "Unha augamar moi perigosa", no que nos ensinan a facer unha augamar, unha medusa con materiais que temos na nosa casa. Tamén fálannos da importancia dos mares e os océanos e da necesidade de protexelos dos plásticos.
domingo, 14 de xuño de 2020
Actividade 16 do Museo de Historia Natural da USC
O Museo de Historia Natural da USC (Universidade de Santiago de Compostela) ofrécenos a actividade 16 dos seus obradoiros de "O MHN na casa". Nesta ocasión fálannos dos ovos e as súas características e ensínannos a facer un ovo saltador.
martes, 9 de xuño de 2020
domingo, 7 de xuño de 2020
DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS 2020
Hoxe, 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. As Nacións Unidas lémbrannos que o noso océano é o noso futuro. Este día sérvenos para darnos de conta de que a actividade dos seres humanos está a influir negativamente no seu estado e que temos que poñernos en marcha para preservar os océanos e, polo tanto, a vida sobre a Terra. Preme neste enlace ou na imaxe inferior para acceder a toda a información que nos ofrecen.
O secretario xeral das Nacións Unidas lémbranos que os océanos son o noso sustento. Son fundamentais para que poidamos vivir, Dentro deles existe unha gran diversidade biolóxica e sonunha defensa vital fronte a emerxencia climática que sufre o noso planeta.Se premes neste enlace ou na imaxe de abaixo, podes ler toda a mensaxe.
Tamén podes acceder ao portal oficial do Día Mundial dos Océanos: https://unworldoceansday.org/.Na páxina de Aulas Galegas podes completar o nome de diferentes peixes:
venres, 5 de xuño de 2020
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Hoxe en día a biodiversidade está en perigo, debido á acción dos seres humanos que provoca deforestación (desaparición de bosques e selvas), invasión dos hábitats da vida silvestre, a práctica da agricultura intensiva ou a contaminación atmosférica.
A aparición do COVID19 demostrou que cuando destruimos a biodiversidade poñemos en perigo a vida humana.
Por iso é necesario que tomemos conciencia e cambiemos os nosos hábitos de vida, como persoas e na nosa sociedade.
Premendo neste enlace ou na imaxe de arriba, podedes acceder á paxína nas Nacións Unidas e ter máis información sobre esta situación e o que podemos facer entre todas e todos.
Neste outro enlace podedes visitar o sitio web do Día Mundial do Medio Ambiente do Programa das Naciones Unidas para o Medio Ambiente, onde atoparedes máis información.
xoves, 4 de xuño de 2020
Eco-Ideas ADEGA sobre aforro de auga
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), envíanos unha nova actividade de Eco-Ideas, desta vez sobre o consumo responsable de auga nos nosos fogares, dándonos a coñecer algúns trucos para aforrar no seu consumo. Premede neste enlace ou na imaxe para velos.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)












