xoves, 30 de abril de 2020

Facer unha carteira cun cartón de leite

Este vídeo que vos transmitimos é unha nova ECOIDEA de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Trátase, desta volta, de facer unha carteira cun cartón de leite. Veredes que ben!

Se queredes visitar a súa páxina para ver máis ecoideas, premede neste enlace ou na dirección: 

mércores, 29 de abril de 2020

Curtametraxe sobre como vivir en harmonía

EQUILIBRIUM. STOP MOTION de Algarabía Animación, unha divertida curtametraxe realizada  para a empresa Inditex, onde nos plantexan cal é o noso papel na sustentabilidade e o equilibrio ecolóxico. Se queredes, botádelle un ollo á páxina de Algarabía Animación, veredes que interesante!

Móvete connosco na casa

A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos. Premede no enlace ou na imaxe para acceder á páxina web e aos vídeos.
Nos seus vídeos amósannos unha serie de actividades físicas a desenvolver durante uns 15 minutos, deseñadas para que o alumnado faga na casa, e para as que non é preciso material específico. Son sinxelas e divertidas e significativas.
Van dirixidas a que o alumna realice actividades físicas e técnicas de relaxación,ferramentas que nos axudan a protexer a nosa saúde e a calma.



martes, 28 de abril de 2020

Páxina de ciencia para rapazas e rapaces

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dispón dunha páxina para rapazas e rapaces moi interesante, KIDS.CSIC, na que podedes aprender ciencia de maneira divertida. Nela hai xogos, películas e un montón de información interesante sobre diferentes aspectos da ciencia. Premede neste enlace ou na imaxe para poder acceder a ela, seguro que vos vai gustar.

luns, 27 de abril de 2020

MISIÓN NA ANTÁRTIDA

Neste artigo do xornal El País podedes ver unha reportaxe sobre unha das dúas estacións científicas españolas na Antártida, a base Juan Carlos I. Un xornalista viaxa a bordo do buque de Investigación Oceánica Hespérides, deseñado para facer investigación cientítica en todos os mares e océanos do planeta.
Neste artigo cóntanos moitos aspectos interesantes  sobre este continente e sobre as investigacións que se levan a cabo alí.
Inclúe algunhas imaxes espectaculares, ademais deste impresionante vídeo.

Para ver todo o artigo podes premer neste enlace ou na dirección da páxina:
https://elpais.com/elpais/2020/04/21/eps/1587488197_116875.html

mércores, 22 de abril de 2020

FELIZ DÍA DA TERRA!

Hoxe é o Día Internacional da Nai Terra. E ela está a sufrir. Como nos din na páxina das Nacións Unidas, hai pouco foron os devastadores incendios que se produciron en Australia, despois a peor invasión de langosta que se recorda en Kenia, e agora o COVID-19, unha pandemia que ten relación coa saúde do noso ecosistema. Preme neste enlace ou na imaxe inferior para coñecer polo miúdo esta situación, por medio da páxina das Nacións Unidas.

A asociación Adega (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza) proponse publicar nas súas redes sociais 50 Eco-poemas enviados polos seus socios e socias e simpatizantes para simbolizar o seu Amor pola Terra.Os vídeos recompilatorios dos poemas poderanse ver nas contas de facebook (https://www.facebook.com/adega2.gal/), twitter (https://twitter.com/ADEGAgz) e instagram (https://www.instagram.com/adega_ecoloxismo/) de ADEGA, e tamén na súa canle de Youtube (https://www.youtube.com/user/adegainfo). Preme na imaxe para poder ver esa información.
Tamén, na páxina de Tropa Verde deséxannos un feliz Día da Terra e nos contan as orixes desta celebración: 

OCAS DO CONFINAMENTO

Aquí tedes dous xogos da oca para mantervos en forma. 
Ambas as dúas podémolas atopar na páxina do "Consejo general de la Educación Física y Deportiva". Alí podedes atopar máis xogos e recursos. Moitas grazas!
A primeira está pensada para 2º de Primaria, pero pode xogar con ela todo o alumnado de Primaria:

A segunda é un pouco máis esixente, pero tamén moi divertida, está sobre todo dirixida a 5º e 6ª de Educación Primaria. 
Ánimo, que vos axudará a estar en forma de xeito divertido!
Premede nas imaxes para acceder a estes contidos.