|
|
|
|
|
|
venres, 13 de outubro de 2017
ACTIVIDADES DO OUTONO EN TRES ANOS
martes, 10 de outubro de 2017
TRABALLANDO SOBRE O OUTONO
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VACALOURA
A semana pasada puidemos observar nas aulas unha vacaloura (tamén se chama escornabois), que é un escaravello enorme, do que destacan as súas impoñentes mandíbulas. Esta vacaloura apareceu así seca, pero se vedes unha viva non lle fagades dano! As vacalouras están en perigo de extinción, e por iso están protexidas.
Aquí podedes ver os debuxos que fixeron as alumnas e os alumnos da aula de 5 anos. E tamén unha foto do exemplar que tivemos a sorte de poder observar.
Aquí podedes ver os debuxos que fixeron as alumnas e os alumnos da aula de 5 anos. E tamén unha foto do exemplar que tivemos a sorte de poder observar.
martes, 3 de outubro de 2017
OUTONO!!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
luns, 18 de setembro de 2017
Comezo do outono 2017
Este ano o outono
comezará o 22 de setembro ás 22 horas e 2 minutos, hora oficial peninsular, segundo cálculos
do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio
de Fomento). Durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro, día no que
comeza o inverno.
Respecto aos planetas, o ceo outonal pola mañá estará
dominado por Marte durante toda a estación, Venus ata o mes de decembro e Xúpiter
desde novembro ata fins de outono, mentres que Saturno ata primeiros de decembro
e Xúpiter ao principio da estación, serán visibles no ceo vespertino.
O domingo 29 de outubro terá lugar o cambio de hora e entraremos
no horario de inverno.
Esta información está recollida da páxina do Instituto
Xeográfico Nacional que tedes aquí abaixo e que podedes consultar se queredes
ter máis información:
venres, 15 de setembro de 2017
COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!
Benvidas e benvidos ao novo curso 2017-2018!!
Outro ano máis comezamos con moitos ánimos e gañas de traballar polo Medio Ambiente. Neste curso imos facer moitas actividades relacionadas coa Natureza e co noso patrimonio material e cultural, especialmente o relacionado coa auga e coas tradicións que chegaron ata nós. Esperamos disfrutar e aprender moito!!
xoves, 22 de xuño de 2017
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





