|
| |
luns, 27 de xuño de 2016
Recollendo a colleita
martes, 21 de xuño de 2016
martes, 24 de maio de 2016
PLANTACIÓN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º
|
|
|
|
|
|
|
|
|
luns, 9 de maio de 2016
mércores, 27 de abril de 2016
O OURIZOCACHO
|
|
|
|
|
|
O OURIZOCACHO
Esta mañán, no corredor axardinado do edificio sur (onde están as aulas de Primaria) vimos, desde a aula de 2º un ourizocacho. Ao cabo dun anaco vimos que case non se movía, e pensamos que podería estar ferido. Despois de contemplalo desde a aula demos unha volta ao edificio para achegarnos a el. Puidemos observar que tiña a pata traseira esquerda enganchada nun fíos da malla antiherbas e cortámosllos, deixándoo ceibo. Así, pois, pensamos que marcharía unha vez liberado, pero non foi así, pola tarde seguía a uns metros agochado nos troncos do falso xasmín que hai diante da aula. Finalmente, Carmiña a algúns profes o recolleron nunha caixa e viron que tiña a pata en mal estado (foi moi difícil verlla, porque xa sabedes que os ourizocachos se encollen formando unha pelota de pinchos cando se sinten ameazados e é difícil verlle ningunha parte do corpo).Pensando o que facer, decidiuse chamar ao Centro de Recuperación da Fauna Silvestre da provincia da Coruña, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e que está no concello de Oleiros, preto de A Coruña. Dixéronos que ían vir recoller, ben esa mesma tarde ou ben ao día seguinte pola mañá. Por se tiña que pasar a noite no colexio preparámoslle unha caixa con comida e bebida, pero ao final non foi preciso porque ao cabo dun anaco viñeron recollelo. Claro, nós pensamos que non ían vir ata a mañán e posiblemente poderían velo os demais alumnos e alumnas do cole. Non foi así, e pedímoslles que nos informaran de como fora todo en canto puideran.
A persoa que veu recollelo contounos que nese Centro van tentar curalo os veterinarios que traballan no Centro e que nos informarán cando pasen uns días. Esperamos que o noso ourizocacho cure pronto e que volva á Natureza á vivir a súa vida!
luns, 11 de abril de 2016
PLANTANDO ALLOS
Este
venres pasado os alumnos e as alumnas de Educación Infantil saíron
ao horto a plantar os allos que puxeran tempo atrás no sementeiro.
Aproveitamos este oco que nos concedeu o tempo sen chuvia para
facelo. Pasárono moi ben con esta actividade e esperamos poder
chegar a probalos pronto. Mágoa polos nenos e nenas que non puideron
vir ao cole por causa da varicela. Desexámoslles que se recuperen
pronto e volvan con ánimo ao cole!
luns, 4 de abril de 2016
Plantamos hortensias
Plantamos hortensias on PhotoPeach
Este venres pasado os alumnos e alumnas de 4º saíron plantar. Desta vez foron plantar hortensias no terreo exterior do colexio.
Este venres pasado os alumnos e alumnas de 4º saíron plantar. Desta vez foron plantar hortensias no terreo exterior do colexio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







