Hoxe tivemos unha actividade científica moi interesante no noso colexio. Viñeron tres profesores do IES de Sar (Isaac, Leopoldo e Aníbal) para compartir con nós o seu telescopio solar. Todas as alumnas e os alumnos do noso colexio puideron achegarse a velo e a ollar a traveso del. O tempo non nos acompañou, pois o ceo esta cuberto e non se puido observar, e houbo que enfocar para outro lado. A pesares de non poder realizar ningunha visualización astronómica, o noso alumnado pasouno moi ben con esta actividade.
venres, 15 de xaneiro de 2021
xoves, 14 de xaneiro de 2021
Experimentos: a auga viaxeira
Á volta das vacacións seguimos facendo experimentos científicos como este feito onte na clase de 5º de EP. Un experimento consistente en mostrar a cohesión das moléculas da auga e a propiedade adhesiva da mesma, grazas as que é quen de viaxar desde un recipiente a outro ao longo de, por exemplo, unha corda.
martes, 22 de decembro de 2020
Comezo do inverno 2020
sábado, 19 de decembro de 2020
Caixa niño e comedeiro para paxaros
xoves, 17 de decembro de 2020
Experimentos con cores e outras propiedades físicas
Esta semana fixemos na aula de 5º dous experimentos relacionados, pois que en ambos os dous trabállase con cores.
O primeiro, que chamamos Arco da vella no prato, consiste en poñer nun prato unhas cantas lentellas de chocolate e azúcar coloreado, botarlles auga e ver o que ocorre. A cor abandoa os caramelos e tingue a auga, pero as cores non se mesturan. O azúcar aumenta a densidade da auga e forma barreiras de cor.
venres, 11 de decembro de 2020
O ovo e a botella
Esta semana fixemos en varias aulas do colexio este sinxelo pero espectacular experimento. Consiste en facer entrar un ovo nunha botella grazas á forza exercida pola presión atmosférica. Cando dentro da botella se consume o oxíxeno a presión atmosférica empuxa con forza o ovo cara abaixo. Aquí tedes un vídeo demostrativo que fixemos nunha aula:
xoves, 10 de decembro de 2020
Un novo horto, novos espazos
Tamén estiveron a traballar outros pais de alumnas e alumnos, como podedes ver.
Moitas grazas aos dous, polo voso esforzo e traballo para que todas e todos poidamos desfrutar agora duns novos espazos.










