venres, 27 de novembro de 2020
Tornado nunha botella
domingo, 15 de novembro de 2020
Nova gravación dun oso nos montes galegos
O xornal dixital GCiencia ofrécenos unha nova gravación dun oso parto nos montes galegos. Estas imaxes foron difundidas pola conta Lobos de Galicia, un vídeo de outubro pasado, nun lugar que prefiren non identificar para salvagardar a integridade dos animais.
A mandarina
xoves, 12 de novembro de 2020
Experimento sobre densidade con auga e aceite
Plantación da plantas e árbores
As alumnas e os alumno de quinto de primaria traballaron no horto. Plantaron máis de corenta plantas, xunto con dous profesores. Repartíronse en dous grupos de 14 e 4 alumnas e alumnos. Uns plantaron sementes de árbores en macetas (landras de carballo, sámaras de pradairo, castañas, noces, xinkgos... e outros plantas en diferentes espazos co colexio.
Temos intención de cambiar o invernadoiro de lugar, a un novo sitio mellor para ter máis espazo de xogo nos recreos.
martes, 22 de setembro de 2020
COMEZO DO OUTONO 2020
O outono comeza hoxe 22 de setembro ás 15 horas e 31 minutos hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro, cando comezará o inverno.
No ceo ao amencer poderedes ver Venus e, ao comezo da estación, Marte; á noitiña serán visibles Xúpiter e Saturno, aos que se unirá Marte a mediados do mes de outubro.
Benvidas e benvidos ao novo curso 2020-2021!
Ola a todas e a todos. Por fin xa estamos de volta ao colexio! Despois de tantos meses puidemos volver á nosa querida escola. Volvemos vernos e, aínda que con moita precacución e novos hábitos para protexernos do virus da Covid19, é unha gran alegría para todas e todos.
Nesta novo curso debemos coidarnos seguindo todas as normas de saúde e distanciamento precisas para que poidamos seguir sans e desfrutando da compañía das nosas compañeiras e compañeiros e aprendendo todo o posible no colexio. Porque o máis importante é que esteamos sans, nós e as nosas familias.





