xoves, 16 de abril de 2020

Parque Nacional das Illas Cíes

Hoxe visitamos de xeito virtual o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o único parque nacional que temos en Galicia. Nel inclúense os arquipélagos das illas Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora. A fins do curso pasado a comunidade escolar visitamos a illa de Cortegada, a carón de Vilagarcía. Foi unha experiencia moi interesante e aprendimos moitas cousas sobre a historia, a fauna e a flora deste pequeno paraíso.
Con este parque se protexen os ecosistemas terrestres, como as dunas e os cantís, e tamén os litorais, coas algas, a gran variedade de peixes e máis os bivalvos.
Neste vídeo podedes apreciar a beleza do noso parque:


Tamén podedes ter máis información na páxina do parque: https://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?lang=es#
E nesta outra de Turismo de Galicia: 
De Turismo de Galicia tamén podedes ver este vídeo:


mércores, 15 de abril de 2020

ITINERARIOS DE INTERESE PAISAXÍSTICO

Nesta páxina que nos ofrece a Consellería de Medio Ambiente, territorio e vivenda podedes coñecer a rede de itinerarios de Galicia e coñecer moitos itineratios con valores naturais, do noso patrimonio e panorámicos. Hai moitísimos lugares interesantes en Galicia! Premede na imaxe inferior para coñecelos.


martes, 14 de abril de 2020

Pasta de dentes ecolóxica

Desde ADEGA, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, chégannos unhas ideas moi ecolóxicas para facer nas nosas casas nestes tempos de corentena. Neste vídeo amósannos como facer pasta de dentes ecolóxica, xa veredes que interesante. Se queredes visitar nesa mesma páxina, atoparedes outras moitas actividades para facer.


luns, 13 de abril de 2020

UNHA SEMENTE MOI FORZUDA


Na natureza moitas cousas pequenas teñen moita forza, como as formigas, o fío dunha tea de araña ou unha semente cando xermina.

MATERIAL NECESARIO:
  • Unha maceta de plástico pequena.
  • Terra.
  • Sementes de xudías.
  • Auga.
  • Xeso.

DESCRICIÓN:
Deixa en remollo as sementes de xudía pola noite. Planta dúas ou tres sementes na maceta e rega. Mestura o xeso con auga e estende unha capa de medio centímetro por riba da terra. Deixa a maceta ao sol e mira o que pasa.
As pequenas plantas de xudía teñen forza suficiente para levantar o xeso e xerminar!



xoves, 2 de abril de 2020

AVES DE RÍO

Hoxe presentámosvos esta curiosa e orixinal presentación do Museu del Ter, en Manlleu, Cataluña, creado, entre outras razóns, para poñer en valor o patrimonio natural do río Ter. O Ter é un río que nace nos Pirineus e desemboca no Mar Mediterráneo, despois de recorrer varias comarcas catalanas da provincia de Girona.
Nesta páxina, xe fas pasar o punteiro sobre as diferentes aves, poderás escoitar o seu canto. A que está moi ben? Premede neste enlace para poder ver dita páxina ou nesta imaxe de abaixo.

Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

O Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un dos seis parques naturais que hai na actualidade en Galicia. Sitúase entre as rías de Arousa e de Muros e Noia, na provincia de A Coruña. Está formado polas dunas, a praia de Corrubedo e as lagoas de Vixán, de auga doce, e a de Carregal, de auga salgada. E de entre as dunas destaca, sen dúbida, a gran duna móbil, a máis grande do noroeste peninsular, de máis de un quilómetro de longo e preto de 20 metros de altura. Neste parque, viven unhas 3.000 aves acuáticas, entre elas cercetas, mazaricos, culleretes, pirlos, píllaras, pero tamén moitas outras especies de animais.

Premendo neste enlace ou na imaxe anterior, teredes máis información e podedes ver algunhas imaxes. Tamén esta interesante presentación do parque en vídeo.



mércores, 1 de abril de 2020

Sementando en tubos de cartón

Neste blog, de A horta de Artes, dannos ideas moi interesantes para plantar reutilizando materiais comúns que temos nas nosas casas. Neste artigo, amósanos un xeito moi orixinal e sinxelo de facer sementeiros cos tubos de cartón do papel hixiénico. Neste enlace ou na imaxe de abaixo podedes ver como fan. A que é unha idea xenial?