venres, 8 de novembro de 2019
mércores, 6 de novembro de 2019
Samaín 2019
O pasado mércores 30 celebramos no noso colexio o Samaín.
Previamente, días antes estivemos a decorar o centro, os corredores e, sobre
todo, a entrada aos dous edificios, un traballo conxunto pero no que Carmiña, a
nosa conserxe, traballou arreo. Durante esa semana, as alumnas e os alumnos que
quixeron foron traendo cabazas decoradas das súas casas, coas que se fixo unha
exposición, como ven sendo habitual en cursos pasados. Tamén houbo unha exposición
de libros propios desta data. Finalmente, o alumnado de 6º de Educación Primaria
foron visitando ás demais aulas, con disfraces propios da celebración e
repartindo agasallos. Foi moi divertido. Nestas imaxes podedes ver algún detalles
desta celebración.
luns, 4 de novembro de 2019
SAÍMOS NO XORNAL!
O pasado 29 de setembro saímos no xornal de La Voz de Galicia. A nova fala do noso traballo en relación ao coidado do medio ambiente, e dentro do proxecto Voz Natura en particular. Así, refírese ao noso traballo no horto, sobre alimentación saudable, as ecobrigadas ou a limpeza do río Sionlla, que levaron a cabo as alumnas e os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Aquí tedes o enlace da noticia na edición dixital, pero tamén saíu no xornal de papel.
martes, 29 de outubro de 2019
Volta contra a leucemia infantil
Este pasado venres 25 de outubro participamos na V Volta aocole contra a lecucemia infantil, unha carreira solidaria organizada pola
fundación Unoentrecienmil. A leucemia infantil é unha enfermidade que supón el
30% do cáncer infantil dos arredor de 300 casos diagnosticados ao ano en
España. Desgraciadamente, dous de cada dez rapazas e rapaces seguen sen ter
ningunha esperanza, ao non haber avances clínicos. Avances que so chegan a
traveso da investigación e para iso fan falla cartos. Coa nosa participación e
as nosas aportacións colaboramos para que avancen estas investigacións.
No noso centro fixemos tres carreiras, a primeira na que
participaron alunmnas e alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria; máis
adiante saíron as rapazas e rapaces de Educación Infantil xunto coas
nais, país e demais familiares que quixeron participar. Finalmente, correron as
alumnas e os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Pasámolo moi ben e
queremos repetir!! Pero, non vos preocupedes que volveremos con máis!!
Agradecemos a Ricardo e Imaxson a súa axuda, quen nos fixo
toda a montaxe da carreira dun xeito profesional, ata con quad! E todo de xeito
gratuíto. Tamén lle agradecemos a Suso, da Federación Galega de Atletismo, pola
súa colaboración desinteresada.
Moitas gracias Ricardo e Suso!!
mércores, 16 de outubro de 2019
Día Internacional da Alimentación
Hoxe é o Día Internacional da Alimentación, unha data para lembrar que no mundo existe un gran problema na alimentación. Segundo a FAO (Organización das Nacións Unidas) para a Alimentación e a Agricultura), nas últimas décadas cambiamos drasticamente as nosas dietas e hábitos alimentarios. Pasamos de comer alimentos de temporada a base de plantas e ricos en fibra a consumir dietas hipercalóricas con alto contido en produtos refinados, azúcar, graxas, alimentos elaborados, carne e outros produtos de orixe animal. Isto ten disparado as tasas de obesidade, non so nos países desenvolvidos, se non tamén nos países de baixos ingresos, onde coexisten a miúdo a fame e a obesidade. Agora, máis de 672 millóns de adultos e 124 millóns de rapazas e rapaces (de 5 a 19 anos) son obesos, e máis de 40 millóns de rapazas e rapaces menores de 5 anos teñen sobrepeso, mentres que máis de 820 millóns de persoas padecen fame.
Se queredes ter máis información sobre este tema podedes visitar a páxina da FAO neste enlace.
No noso colexio estamos moi sensibilizados en fomentar hábitos de vida saudables. Así, neste curso imos desenvolver un programa e diversas actividades sobre alimentación saudable. Ademais, levaremos a cabo un programa de actividades deportivas co obxectivo de facer ver que a actividade física tamén é moi importante para a nosa saúde e a das nosas rapazas e rapaces.Se queredes ter máis información sobre este tema podedes visitar a páxina da FAO neste enlace.
venres, 11 de outubro de 2019
COMPOSTAXE
Neste curso, como en cursos pasados, seguimos facendo o noso propio compost. Para iso estamos a recoller os restos orgánicos de orixe vexetal que producimos coas nosas merendas e botámolos no composteiro. Ademais, engadímoslle outros restos como follas ou pequenas polas en anacos. Finalmente, remexemos os restos para facicilitar que o proceso de compostaxe vaia máis rápido, e tamén vixiamos a temperatura e que haxa suficiente humidade.
Aínda que todas e todos colaboramos na compostaxe, as alumnas e os alumnos de 3 de Educación Primaria son quen se encargan do proceso final, que é levar os restos e verificar que todo vaia ben no composteiro.
xoves, 3 de outubro de 2019
Limpeza no río Sionlla
Onte despois do recreo as alumnas e os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria foron facer limpeza nun anaco do río Sionlla, preto do colexio, no lugar de As Pontes. Recolleron varias bolsas grandes de lixo. Foi unha xornada moi divertida, e tamén moi gratificante, porque traballaron para preservar e coidar o medio ambiente.
Non é a primeira vez que vimos a este lugar a traballar e seguiremos vindo, pois xa hai tempo decidimos acoller este tramo como parte da nosa labor de protección da contorna próxima ao noso colexio.
Agradecemos a asociación ADEGA o seu asesoramento e sumámonos á súa convocatoria de limpeza de ríos, aínda que finalmente fixémolo noutra data da prevista, pois o día que fixáramos, o pasado venres, non ía moi bo tempo!
Este curso, ademais, temos pensado estudar algúns ecosistemas relacionados coa auga, como o deste río e o da nosa lagoa. Tamén imos investigar sobre as propiedades da auga.
Vémonos na próxima actividade de coidado do medio ambiente!
Non é a primeira vez que vimos a este lugar a traballar e seguiremos vindo, pois xa hai tempo decidimos acoller este tramo como parte da nosa labor de protección da contorna próxima ao noso colexio.
Agradecemos a asociación ADEGA o seu asesoramento e sumámonos á súa convocatoria de limpeza de ríos, aínda que finalmente fixémolo noutra data da prevista, pois o día que fixáramos, o pasado venres, non ía moi bo tempo!
Este curso, ademais, temos pensado estudar algúns ecosistemas relacionados coa auga, como o deste río e o da nosa lagoa. Tamén imos investigar sobre as propiedades da auga.
Vémonos na próxima actividade de coidado do medio ambiente!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)







