O xoves pasado no colexio celebramos o Día da Poesía
dándolle a benvida a primavera con poemas. Varias aulas leron, recitaron e
cantaron poemas sobre a primavera. Ademais, celebramos o Día Internacional dos
Bosques falando da importancia das árbores na vida sobre o noso planeta. E, xa
estamos a vivir a nova primavera, benvida primavera!!
luns, 25 de marzo de 2019
xoves, 21 de marzo de 2019
Plantación conxunta
Este mércores as
alumnas e alumnos de 4º de Educación Infantil e de 5º de Educación Primaria
foron plantar ao horto. Plantaron unhas corenta leitugas. As rapazas e os
rapaces maiores acompañaron e axudaron en todo momento ao alumnado de infantil,
primeiro a poñer as botas e despois a plantar no invernadoiro. Foi unha
experiencia moi enriquecedora para todas e para todos, e fixeron un bo
traballo! Ademais, tiveron oportunidade de observar a lagoa, na que xa hai ras!
|
|
|
![]() |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
luns, 18 de marzo de 2019
Día Internacional dos Bosques
Este xoves, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional dos Bosques, declarado así nunha resolución aprobada pola Asemblea Xeral da ONU para celebrar a importancia de todos os tipos de bosques e de árbores en xeral, e crear conciencia ao respecto, invitando aos estados membros a presentar e promover actividades concretas con respecto bosques e árbores en xeral. Na mesma páxina das Nacións Unidas podedes coñecer os diferentes actos que propoñen, vídeos e recursos que ofrecen. Esta celebración faise coincidir coa día en torno ao cal comeza a primavera no noso hemisferio.
O tema elixido para esta edición es "Os Bosques e a Educación: Aprende a amar o bosque!".
Hoxe máis da metade da poboación mundial vive en cidades e cada vez ten menos relación coa natureza. A ONU busca que as rapazas e os rapaces coñezan a importancia dos bosques e os seus beneficios para as nosas vidas e o planeta. Os bosques, entre outros beneficios, producen aire e auga limpios, conservan a biodiversidade e frean o cambio climático.
A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) amósanos dez cousas que deberíamos saber sobre os bosques.
Pero a superficie que ocupan os bosques no noso planeta está diminuíndo, especialmente os bosques tropicais. Calcúlase que cada ano desaparece unha superficie de bosque equivalente a toda Andalucía, segundo a asociación Greenpeace.
Os bosques sosteñen a biodiversidade, regulan o clima e son vitais para o benestar human, segundo WWF.
COMEZO DA PRIMAVERA!!
A primavera comezará
este mércores, 20 de marzo, ás 22h 58m hora oficial peninsular, segundo cálculos
do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministeriode Fomento). Durará 92 días e 18 horas, rematando o 21 de xuño, día no que
comezará o verán.
venres, 15 de marzo de 2019
Entrega de leitugas
O pasado martes as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria levaron cadansúa leituga á casa, que plantaran hai un tempo. Preparáronas para levar as alumnas e os alumnos de Educación Infantil, e as súas mestras.
xoves, 14 de marzo de 2019
ODE AO NACEMENTO DUNHA FOLLA
¿Que cantidade de marabilla
foi precisa para que
se producira este prodixio?
¿Que dor ou que alegría
sentiu a árbore
cando esta folla
xurdiu á luz de súpeto?
¿Que lle diría o vento
cando a ollou?
Cando se menea e vibra:
¿Que segredo ou mensaxe
nos quere transmitir?
¿Como e de que xeito
tivo que adelgazar a terra,
rubir árbore enriba, facerse
vidro musical e transparente
e ser delicada folla estremecida?
Manuel María
As lúcidas lúas do outono, 1988
luns, 11 de marzo de 2019
MARZO 2019
Marzo é o terceiro mes do ano no noso
calendario, e ten 31 días. O seu nome deriva do latín Martius, que era o
primeiro mes do calendario romano. Martius, á súa vez, derívase de Mars, o nome
en latín de Marte, deus romano da guerra.
O 20 de marzo, ás 22h 58m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento)comezará a primavera. Durará 92 días e 18 horas e remata o 21 de xuño, co comezo do verán.
En
toda a primavera Marte será visible despois de poñerse o Sol. Ao mencer veremos Venus, Saturno e Xúpiter, que será visible durante toda a noite cara fins
da primavera. Nesta estación non haberá ningún eclipse, nin de Sol nin de Lúa.
Tamén teremos que cambiar a hora, polo
que poderemos aproveitar máis as horas de luz pola tarde. O día 27 de marzo ás
2:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 3:00 da mañá. Así teremos máis horas de luz
polas tardes, mentres que pola mañá amencerá máis tarde. O cambio horario
prodúcese dúas veces ao ano e o seu obxectivo é aforrar enerxía.
Marzo adoita ser un mes moi cambiante,
con días moi chuviosos e fríos e outros asollados e primaverais. Tamén soe
aumentar a temperatura media, aínda que as mañás seguirán a ser frescas. Por
outro lado, soe ser un dos meses máis ventosos na nosa Comunidade.
Ao ser
un mes de transición entre o inverno e a primavera, disporemos de froitas e verduras de
tempada como as acelgas, tomates, amorodos ou xudías verdes.
Neste mes celebramos o Entroido, que finalizou o pasado mércores 6, o Mércores de Cinza.
Entre as celebracións que se levan a cabo este ano destacan as seguintes datas:
- 3 de marzo - Día Mundial da Natureza
- 8 de marzo - Día Internacional das Mulleres
- 21 de marzo - Día Mundial dos Bosques
- 21 de marzo - Día da Poesía
- 22 de marzo - Día Mundial da Auga
- 27 de marzo - Día Internacional do Teatro
O día 19 de marzo, San Xosé, ademais, é festivo en Galicia, e noutras comunidades (Comunidade Valenciana, Murcia, Navarra e País Vasco.
Informacións obtidas das seguintes páxinas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Marzo
https://astronomia.ign.es/inicio-de-las-estaciones
https://noticias.eltiempo.es/10-cosas-debes-saber-del-mes-de-marzo/
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)














