Este pasado venres instaláronnos un invernadoiro. Poderemos plantar moitas hortalizas nel, tamén algunhas que non podíamos plantar porque daban os seus froitos no verán, como tomates ou pementos. Así que agora imos poder ter maior variedade de plantas.
O pasado venres puidemos observar este insecto, que atoparon varias alumnas de 3º de Educación Primaria no patio.
Este luns na aula de Educación Infantil de 5 anos plantamos sementes de sobreira, chícharos, melón, cabaza e anís. Tamén plantamos gallos de incenso e aloe vera.
Este é o ceo que tiñamos hoxe pouco antes das 9:00 h. preto do noso colexio, non é fantástico?. A ver quen adiviña desde onde puido ser sacada esta foto...
A Cidade da Cultura de Galicia pide a colaboración simbólica para seguir construíndo o Bosque de Galicia. Quen estea interesado en participar pode facelo seguindo as indicacións que se detallan na súa páxina web, á que podedes acceder neste enlace:
Xa temos os primeiros plantóns das sementes de árbores que están a agromar. Na primeira imaxe podedes ver as dúas primeiras follas que brotan dunha semente de pradairo (Acer pseudoplatanus). As dúas imaxes seguintes son dunha landra de sobreira (Quercus suber). O plantón da cuarta imaxe corresponde a unha landra de carballo americano (Quercus rubra). Finalmente, as dúas imaxes inferiores son plantóns que agromaron dunha noz de nogueira (Juglans regia).