martes, 17 de outubro de 2017

AS ÁRBORES EN 5 ANOS











Na aula de Educación Infantil de 5 anos están estudando as árbores de Galicia. Para iso, estiveron buscando información e tamén follas de árbores que atoparon no seu entorno. Que ben lles quedaron!

venres, 13 de outubro de 2017

ACTIVIDADES DO OUTONO EN TRES ANOS










Na aula de tres anos os alumnos e as alumnas están a traballar sobre o outono. Nestas imaxes están a buscar sementes de árbores para plantalas despois. Neste caso trátase de landras de carballo americano e sementes de pradairo. Tamén puideron estudar de preto unha lesma e unha vacaloura. A primeira devolvérona despois ao seu medio; a vacaloura (ou escornabois), atopámolo xa seco! Se atopades unha vacaloura viva respectádela, porque están en perigo de extinción e, polo tanto, están protexidas.

martes, 10 de outubro de 2017

TRABALLANDO SOBRE O OUTONO













As alumnas e os alumnos de Educación Infantil de 4 anos estiveron a investigar e a traballar sobre o outono. Como vedes nas imaxes investigaron sobre diferentes follas e sementes de árbores. Algunhas destas sementes plantáronas para estudar como nacen e medran as árbores. Tamén fixeron carteis cos nomes das árbores. E fixeron collares moi chulos!

VACALOURA

A semana pasada puidemos observar nas aulas unha vacaloura (tamén se chama escornabois), que é un escaravello enorme, do que destacan as súas impoñentes mandíbulas. Esta vacaloura apareceu así seca, pero se vedes unha viva non lle fagades dano! As vacalouras están en perigo de extinción, e por iso están protexidas.
Aquí podedes ver os debuxos que fixeron as alumnas e os alumnos da aula de 5 anos. E tamén unha foto do exemplar que tivemos a sorte de poder observar.

martes, 3 de outubro de 2017

OUTONO!!













O outono é unha estación do ano moi interesante porque é a época en que maduran moitos froitos e na que a natureza se prepara para o frío do inverno. Así, moitas árbores e arbustos perden as súas follas e moitas outras se dispoñen a descansar despois de todo o traballo que tiveron que facer durante a primavera e o verán. Nas aulas de Educación Infantil están a estudar moitos elementos das árbores e os arbustos durante o outono, como as sementes ou as follas.

luns, 18 de setembro de 2017

Comezo do outono 2017

Este ano o outono comezará o 22 de setembro ás 22 horas e 2 minutos, hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro, día no que comeza o inverno.
Respecto aos planetas, o ceo outonal pola mañá estará dominado por Marte durante toda a estación, Venus ata o mes de decembro e Xúpiter desde novembro ata fins de outono, mentres que Saturno ata primeiros de decembro e Xúpiter ao principio da estación, serán visibles no ceo vespertino.
O domingo 29 de outubro terá lugar o cambio de hora e entraremos no horario de inverno.
Esta información está recollida da páxina do Instituto Xeográfico Nacional que tedes aquí abaixo e que podedes consultar se queredes ter máis información:


venres, 15 de setembro de 2017

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!

Benvidas e benvidos ao novo curso 2017-2018!! Outro ano máis comezamos con moitos ánimos e gañas de traballar polo Medio Ambiente. Neste curso imos facer moitas actividades relacionadas coa Natureza e co noso patrimonio material e cultural, especialmente o relacionado coa auga e coas tradicións que chegaron ata nós. Esperamos disfrutar e aprender moito!!