|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
martes, 3 de outubro de 2017
OUTONO!!
luns, 18 de setembro de 2017
Comezo do outono 2017
Este ano o outono
comezará o 22 de setembro ás 22 horas e 2 minutos, hora oficial peninsular, segundo cálculos
do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio
de Fomento). Durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro, día no que
comeza o inverno.
Respecto aos planetas, o ceo outonal pola mañá estará
dominado por Marte durante toda a estación, Venus ata o mes de decembro e Xúpiter
desde novembro ata fins de outono, mentres que Saturno ata primeiros de decembro
e Xúpiter ao principio da estación, serán visibles no ceo vespertino.
O domingo 29 de outubro terá lugar o cambio de hora e entraremos
no horario de inverno.
Esta información está recollida da páxina do Instituto
Xeográfico Nacional que tedes aquí abaixo e que podedes consultar se queredes
ter máis información:
venres, 15 de setembro de 2017
COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!
Benvidas e benvidos ao novo curso 2017-2018!!
Outro ano máis comezamos con moitos ánimos e gañas de traballar polo Medio Ambiente. Neste curso imos facer moitas actividades relacionadas coa Natureza e co noso patrimonio material e cultural, especialmente o relacionado coa auga e coas tradicións que chegaron ata nós. Esperamos disfrutar e aprender moito!!
xoves, 22 de xuño de 2017
INICIO DO VERÁN 2017
O verán de 2017 comezou onte 21 de
xuño ás 6h 24m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio
Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento).
Durará 93 días e 15 horas, e rematará o 22 de setembro, co inicio do outono.
O ceo da mañá estará dominado por
Venus durante todo o verán e por Marte desde mediados de agosto, e ás últimas
horas da tarde poderemos ver Xúpiter e Saturno, toda a estación. Durante o
verán se producirán dous eclipses, o 7 de agosto haberá un eclipse parcial de
Lúa, visible en España nas súas últimas fases, e o 21 de agosto un eclipse
total de Sol visible, antes da posta de Sol, en Europa.
Haberá, como todos os anos, a
chuvia de estrelas das Perseidas cara o 12 de agosto, pero na primeira parte da
noite teremos dificultades para vela, xa que a Lúa lucirá en fase posterior á
lúa chea.
Información
baseada na proporcionada polo Observatorio Astronómico Nacional (Instituto
Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento).
martes, 13 de xuño de 2017
POLO CAMIÑO DA NATUREZA
Velaquí tedes un vídeo resumo das actividades relacionadas co Medio Ambiente, e dentro do programa Voz Natura, que levamos a cabo durante este curso no colexio.
luns, 5 de xuño de 2017
FESTA DE VOZ NATURA 2017
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O pasado venres 3 de xuño o noso colexio participou na Festa de Voz Natura, que tivo lugar, como todos estes anos pasados nas instalacións de Acea de Ama, en Culleredo. Como sabedes, lo noso Centro foi merecedor do premio provincial de Voz Natura, polo que dispuxemos dun espazo para montar un posto e amosar, así, algunhas das actividades que facemos no colexio con respecto ao Medio Ambiente e coa nosa participación no proxecto de Voz Natura. Foi unha xornada moi interesante e divertida, porque houbo moitas actividades e atraccións para os rapaces e rapazas. Quen foron do noso colexio pasárono de maravilla. Se queredes ver a noticia en La Voz de Galicia, podedes premer na imaxe ou mesmo neste enlace.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

