luns, 11 de abril de 2016

PLANTANDO ALLOS

https://youtu.be/7Ges3u9JTas
Este venres pasado os alumnos e as alumnas de Educación Infantil saíron ao horto a plantar os allos que puxeran tempo atrás no sementeiro. Aproveitamos este oco que nos concedeu o tempo sen chuvia para facelo. Pasárono moi ben con esta actividade e esperamos poder chegar a probalos pronto. Mágoa polos nenos e nenas que non puideron vir ao cole por causa da varicela. Desexámoslles que se recuperen pronto e volvan con ánimo ao cole!

luns, 4 de abril de 2016

Plantamos hortensias

Plantamos hortensias on PhotoPeach
Este venres pasado os alumnos e alumnas de 4º saíron plantar. Desta vez foron plantar hortensias no terreo exterior do colexio.

xoves, 17 de marzo de 2016

Poñendo o rego







Onte mércores os alumnos e as alumnas de 5º saímos ao horto a axudar a poñer o rego por goteo, rematando de preparar, así, o horto para comezar coa temporada de primavera.

luns, 14 de marzo de 2016

Preparando o terreo





Este venres pasado veunos o tío de Martín de 5º preparar co tractor o terreo do noso horto, para poder comezar a plantación de primavera. Moitas gracias pola axuda!

venres, 4 de marzo de 2016

Traballando no horto

Traballando no horto on PhotoPeach Onte xoves, os alumnos e as alumnas de 5º saíron a traballar no horto. Estiveron arranxando o corredor exterior, no que temos diferentes variedades de plantas con flor (roseiras, hortensias, xasmíns...).

xoves, 25 de febreiro de 2016

Xacintos e heléboros

Temos plantas con flor novas na entrada do colexio, como podedes ver nas imaxes. Desta vez puxemos xacintos (Hyacinthus spp.) con flores de diferentes cores,  e heléboros, tamén chamados Rosas de Nadal (Helleborus niger).