venres, 26 de febreiro de 2016
xoves, 25 de febreiro de 2016
Xacintos e heléboros
Temos plantas con flor novas na entrada do colexio, como podedes ver nas imaxes. Desta vez puxemos xacintos (Hyacinthus spp.) con flores de diferentes cores, e heléboros, tamén chamados Rosas de Nadal (Helleborus niger).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
mércores, 24 de febreiro de 2016
martes, 23 de febreiro de 2016
Plantación de allos
Este martes 23 os alumnos e alumnas de Educación Infantil prepararon un sementeiro con dentes de allo para despois plantalos no Horto. Unha vez que estivo preparado puxémolo na entrada do edificio de Infantil.
venres, 15 de xaneiro de 2016
LIBROS
Aquí tedes tres títulos moi interesantes con actividades para facer no horto e no xardín cos pequenos.
|
|
|
|
venres, 8 de xaneiro de 2016
O ANO DOS LEGUMES
O
ANO DOS LEGUMES
Este
ano 2016 foi proclamado Ano Internacional dos Legumes pola
Organización
de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (FAO),
na Asamblea Xeral das Nacións Unidas.
Os
legumes son alimentos moi completos, pois conteñen ferro, minerais,
calcio, fósforo, vitaminas, fibra e proteínas, e posúen un elevado
valor nutritivo.
Se
queres, podes ver a páxina da FAO relativa a esta celebración
pulsando neste enlace ou mesmo na fotografía de arriba.
No noso colexio, en consonancia con isto, imos adicar unha parte importante do noso horto a plantar diferentes tipos de legumes ao longo deste ano.
xoves, 7 de xaneiro de 2016
MANTIS
Mantis, barbantesa (Mantis religiosa).
Este insecto atopámolo polo mes de novembro á mesma entrada
do colexio. Collémolo nun tarro e obsevámolo durante un tempo. Finalmente
fixémoslle estas fotografías e devolvémolo á natureza. Impresionáronos os seus
ollos e o seu porte altivo e elegante. É unha sorte que sen saír do colexio
podamos admirar animais tan belos e curiosos. Gústanos os animais, tamén os que
moitas veces chámanse bechos dun xeito despreciativo, pero nós sabemos que
todos os animais son importantes, e que cada un deles é un ser vivo especial.
Por iso respectámolos e non os matamos. Se queredes ter máis información sobre
este insecto, premede na primeira fotografía ou neste enlace.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





