venres, 15 de xaneiro de 2016

LIBROS

 Aquí tedes tres títulos moi interesantes con actividades para facer no horto e no xardín cos pequenos.

http://huerto-natural.blogspot.com.es/2009/10/mi-mundo-como-se-cultivan-los-alimentos.html

https://colorincoloradolibros.wordpress.com/tag/jardineria-para-ninos/

https://colorincoloradolibros.wordpress.com/tag/jardineria-para-ninos/

venres, 8 de xaneiro de 2016

O ANO DOS LEGUMES

O ANO DOS LEGUMES
Este ano 2016 foi proclamado Ano Internacional dos Legumes pola Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (FAO), na Asamblea Xeral das Nacións Unidas.
Os legumes son alimentos moi completos, pois conteñen ferro, minerais, calcio, fósforo, vitaminas, fibra e proteínas, e posúen un elevado valor nutritivo.
Se queres, podes ver a páxina da FAO relativa a esta celebración pulsando neste enlace ou mesmo na fotografía de arriba. 
No noso colexio, en consonancia con isto, imos adicar unha parte importante do noso horto a plantar diferentes tipos de legumes ao longo deste ano.

xoves, 7 de xaneiro de 2016

MANTIS

http://www.rios-galegos.com/ins66.htm#MANTIS


Mantis, barbantesa (Mantis religiosa).
Este insecto atopámolo polo mes de novembro á mesma entrada do colexio. Collémolo nun tarro e obsevámolo durante un tempo. Finalmente fixémoslle estas fotografías e devolvémolo á natureza. Impresionáronos os seus ollos e o seu porte altivo e elegante. É unha sorte que sen saír do colexio podamos admirar animais tan belos e curiosos. Gústanos os animais, tamén os que moitas veces chámanse bechos dun xeito despreciativo, pero nós sabemos que todos os animais son importantes, e que cada un deles é un ser vivo especial. Por iso respectámolos e non os matamos. Se queredes ter máis información sobre este insecto, premede na primeira fotografía ou neste enlace.

martes, 10 de novembro de 2015

COMPOSTAXE

Temos compostaxe! Esta semana baleiramos os nosos composteiros e comprobamos a súa textura. Despois botámolo na terra da horta, á espera de traballalo coa fresa. Gustounos moito o resultado acadado!


luns, 28 de setembro de 2015

Comezamos a traballar no horto

Comezamos a traballar no horto este venres pasado os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria saíron ao horto a cachear patacas e recoller as cabazas que podedes ver nestas imaxes. Tamén fixeron unha boa limpeza, podando e arrincando malas herbas. Foi un bo traballo!

luns, 7 de setembro de 2015

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!


COMEZAMOS UN NOVO CURSO!
Ola a todos e a todas, xa estamos aquí de novo, e despois das vacacións, que esperamos que disfrutárades de verdade, ímosvos propoñer un curso no que pretendemos que o pasedes moi ben, con actividades interesantes relacionadas co coñecemento, a protección e a defensa do medio ambiente, porque defender o medio ambiente é mellorar as vidas de todos os seres vivos, incluídos, por suposto, os seres humanos e, en definitiva a vida na Terra, que é a nosa casa e o lugar donde vivimos nós e onde vivirán as novas xeracións.
Queremos aprender moitas cousas sobre a vida na Terra, sobre o lugar no que vivimos, sobre como levar unha vida máis sana e en harmonía coa natureza... 
Sabemos, ademais, que se vivimos esta aventura xunt@s podemos aprender moito máis, pois todas as persoas aprendemos unhas das outras, e axúdándonos mutuamente aínda moito máis. E cando dicimos que todas aprendemos de todas estamos dicindo, por exemplo, que non so os alumnos e alumnas aprenden dos profesores e profesoras, senón que os profesores e profesoras aprendemos tamén dos alumnos e alumnas. Ademais, está demostrando que cando colaboramos todos e todas na aprendizaxe, ista é motísimo maior!