Durante este segundo trimestre, os alumnos e alumnas de Educación Infantil están a traballar sobre o seu proxecto de "A PATACA". Entre outras moitas actividades, están facendo unha investigación sobre este tubérculo e outras hortalizas que se desenvolven baixo terra (allo, cebola, remolacha...).
martes, 10 de marzo de 2015
xoves, 19 de febreiro de 2015
UN HORTO DE CONTOS
Seguindo a programación do Proxecto de Biblioteca que estamos a desenvolver neste curso, co título "Un horto de contos", nas aulas de Infantil puxeron en marcha varias actividades, entre elas unha serie de experimentos, dos que estas imaxes son unha mostra.
martes, 10 de febreiro de 2015
·ENTROIDO 2015
Este curso o Entroido do colexio vai relacionado coa horta e o mundo
agrícola, polo que imos vir todos e todas con disfraces relacionados con
ese tema. Se queredes ir vendo fotos, podedes ir á GALERÍA da páxina web do colexio.
xoves, 29 de xaneiro de 2015
martes, 20 de xaneiro de 2015
OS NENOS DE INFANTIL NO HORTO
Este xaneiro os alumnos e alumnas de Educación Infantil plantaron no horto os allos que sementaran no mes de decembro nas aulas.
xoves, 8 de xaneiro de 2015
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)





