Onte luns, os alumnos e alumnas de Educación Infantil participamos nunha visita guiada polo Parque da Alameda de Santiago, organizada polo Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX). Unha guía deste Centro levounos por este parque ensinándonos e explicándonos moitas aspectos interesantes do mesmo. Así, saudamos ás Dúas Marías, tamén chamadas as "Dúas en Punto", que teñen unha escultura na entrada do parque. Despois estivemos nalgúns dos espazos máis interesantes do parque, tanto desde o punto de vista cultural como relacionado coa flora extraordinaria que podemos contemplar. Estivemos no palco da música, paramos a cantar diante do grupo escultórico dedicado a Rosalía de Castro, saudamos á escultura de Valle-Inclán... A Alameda de Santiago é un dos espazos máis interesantes para visitar na nosa cidade en todos os aspectos.
Neste blogue interésanos moito porque alí hai moitas especies de árbores e plantas moi interesantes, algunhas delas únicas. Aquí podemos ver moitas árbores incluídas no Catálogo de Árbores Xenlleiras elaborado pola Xunta de Galicia: un eucalipto centenario (Eucalyptus globulus), un tileiro prateado (Tilia tomentosa), un abeto (Abies nordmanniana), ou unha secuoia (Sequoia sempervirens). Moi perto, ademais, se encontra a carballeira de Santa Susana, clasificada como formación senlleira no mesmo catálogo. Pero tamén hai moitas árbores especiais e plantas de todo tipo. Visitar a Alameda é un pracer!!
| |
|
|
|
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario