Que vos parece este arce xaponés que plantamos a fins do
curso pasado, a que está moi chulo?
Esta é unha árbore pequena, que chega a uns 7 ou 8 metros de
altura, con follas palmeadas que se poñen vermellas no outono. Como podedes
apreciar nas imaxes xa está dando froito, esas samaras das que vos falamos que
son características de todos os arces (no colexio xa tiñamos uns arces, pero
estes bastante máis grandes, que son os pradairos ou sicomoros (Acer
pseudoplatanus), que se dan de xeito natural nos bosques galegos. O arce
xaponés, como o seu nome indica, procede de Xapón, e é moi apreciado para
plantar nos xardíns, pola espectacular cor das súas follas. Esta árbore
plantámola a carón da entrada do parque infantil, se a queredes vir ver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario