venres, 5 de outubro de 2018

Traballo de compostaxe


A semana pasada comezamos a traballar na compostaxe: recollemos os restos orgánicos de orixe vexetal producidos no colexio: restos de merendas recollidos en diferentes caldeiros polos corredores e máis nas entradas, e do comedor. Estes restos levámolos aos composteiros que temos a carón do horto. Neste momento temos catro composteiros, o que nos permite recoller sen problemas  todos os restos que xera o horto a as diferentes zonas axardinadas do recinto escolar. Ademais, podemos ir alternando os compostadores, deixando os que están cheos que rematen o proceso de transformación dos restos orgánicos en compost.
Ademais, encargámonos de facer unha boa mestura, lembrándonos de remexer periodicamente, verificar que os composteiros se manteñan húmidos e recoller restos de podas, de follas das numerosas árbores que temos...
Aínda que é un proceso no que participa todo o alumnado, correspóndelles, ao igual que no curso pasado, ás alumnas e aos alumnos da aula de 3º de Educación Primaria o control e xestión de todo o proceso, que levan a cabo, en quendas de catro colaboradores e colaboradoras, todos os venres despois do recreo.
Hoxe participaron, ademais, as alumnas e os alumnos de 3 anos, que estiveron axudándonos e vendo como facemos o traballo de compostaxe.







Ningún comentario:

Publicar un comentario