O martes despois do comedor algúns rapaces e rapazas, xunto
co profe Adrián, atoparon no patio do colexio unha eiruga moi interesante que
podedes ver nas imaxes de abaixo. Despois dunha pequena busca na rede
comprobamos que se trata dunha eiruga de Calliteara
pudibunda, unha bolboreta nocturna que vive en toda Europa e Asia Central.
Podemos atoparnos con estas eirugas entre os meses de xuño e outubro, e os
exemplares adultos, é dicir, as bolboretas, entre abril e xuño.
Esta eiruga aliméntase de follas de árbores como o carballo,
o bidueiro, o salgueiro ou a faia. Xa que este tipo de insectos realizan o
proceso da metamorfose, despois de vivir unha parte da súa vida como eirugas,
na que se alimentan constantemente, viven a fase de pupa, unha vez que
se envolveron nun casullo de seda e permancen así baixo as follas das árbores.
Finalmente, rematan a súa vida converténdose en bolboretas durante un período
curto da súa vida.
Cada femia de bolboreta pon de 100 a 300 ovos, dos que nacen
estas eirugas peludas. As eirugas deben enfrontarse a unha serie de perigos en
forma de depredadores. Uns depredadores importantes son os escaravellos.
Estas eirugas non son velenosas, non pasaría nada se as
tocas, pero ten coidado de non facerlles dano! Tampouco lles fan ningún dano ás
árbores, máis ben ao contrario, pois contribúen a descompoñer a materia
orgánica, producindo abono.
Se atopades algunha eiruga e queredes saber que é, esta
páxina pode servirvos de axuda para identificala:
|
|
|
|
|
|
|
Qué bonita!! Una suerte encontrársela
ResponderEliminar