|
|
|
|
|
|
En galego soe chamarse CARRICANTA, CANTARUXA ou CANTARIÑA, e en castelán recibe nomes como GRILLO VERDE ou CHICHARRA ALICORTA.
A carricanta (Ephippiger ephippiger) es un ortóptero que ten unhas antenas moi longas. É grande, como podedes ver nas fotos e ten protexido o tórax por un pequeno escudo. Tamén podedes ver que se camufla moi ben entre a herba, pois tamén é de cor verde, aínda que tamén pode ser marrón e ás veces case negro. Gústalle vivir en lugares cálidos e soe ser herbívoro. Ten unhas as moi pequenas escondidas baixo o escudo no pescozo, pero non lle serven para voar, pero si para emitir un canto agudo e potente cando vai calor. Pode vivir entre 2 e 17 anos, segundo a especie, pero na etapa adulta so viven unha ou dúas semanas, so o tempo preciso para se reproduciren.
As femias soen morrer despois de poñer os ovos e morren ó pouco e a posta fana polo oviscapto, ese tubiño que vedes na súa parte traseira. Chegan a poñer ata 300 ovos!
As larvas nacen no outono, transfórmanse en ninfas e caen ó chan, penetrando na terra grazas ás patas anteriores, adaptadas para escavar. Nas galerías subterráneas viven varios anos comendo o zume das raíces. Para mudar saen da terra, soben ás árbores e alí convértense primeiro en imagos e despois en adultos.
É un insecto inofensivo para os seres humanos, aínda que semella ter un aguillón, xa sabedes que é o apéndice por onde botan os ovos.
Podedes ver máis información nas seguintes páxinas web:
http://faunapontevedra.blogspot.com/2011/06/chicharra-alicorta-ephippiger.html
https://ichn.iec.cat/Bages/brolles/Imatges%20grans/cEphippiger%20ephippiger.htm
https://gl.wikipedia.org/wiki/Carricanta
E nesta poderedes escoitar o seu canto: https://www.youtube.com/watch?v=N9biSGhKUUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario