xoves, 4 de outubro de 2018

Feixoa

A nosa feixoa xa está a dar feixoas. A feixoa (Acca sellowiana), tamén chamada guaiabo, guaiaba..., é unha arboriña froiteira que procede das zonas altas do centro de América do Sul e que se da moi ben en Galicia. O seu froito ábrese pola metade para comelo e é moi doce e saborosa. Se queredes poderédelas probar se vides nas vindeiras semanas polo colexio, poñeremos un cesto delas na entrada do edificio sur (onde están as aulas de Primaria).




Ningún comentario:

Publicar un comentario