venres, 5 de outubro de 2018

Herba luísa

Estes días estamos recollendo as follas das nosas plantas de herba luísa  (Aloysia citriodora). A colleita deste anos foi moi boa, e temos un montón de herba luísa para facer infusións. Agora ímolas deixar secar durante uns días. Cando xa as teñamos listas deixarémolas para que quen queirades poidades coller para preparar unha infusión na vosas casa.
A herba luisa é unha planta medicinal que ten accións  antibacteriana, dixestiva, antioxidante, hepatoprotectora, antiinflamatoria, relaxante, expecorante…, entre outras moitas!
Ademais, é unha planta moi decorativa e ten un aroma moi especial (frota suavemente cos dedos unha folla e despois ule, xa verás que ben arrecende!).

Na Wikipedia, entre outras páxinas web, podedes atopar máis información.






Ningún comentario:

Publicar un comentario