Onte xoves as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria foron plantar no invernadoiro, e tamén limparon os arredores do mesmo. Plantaron leitugas e repolos. Despois púxoselles ás leitugas a manta térmica, para que queden ben protexidas do frío das mañáns que aos poucos vai ir sendo maior.
venres, 26 de outubro de 2018
xoves, 25 de outubro de 2018
Eiruga
O martes despois do comedor algúns rapaces e rapazas, xunto
co profe Adrián, atoparon no patio do colexio unha eiruga moi interesante que
podedes ver nas imaxes de abaixo. Despois dunha pequena busca na rede
comprobamos que se trata dunha eiruga de Calliteara
pudibunda, unha bolboreta nocturna que vive en toda Europa e Asia Central.
Podemos atoparnos con estas eirugas entre os meses de xuño e outubro, e os
exemplares adultos, é dicir, as bolboretas, entre abril e xuño.
Esta eiruga aliméntase de follas de árbores como o carballo,
o bidueiro, o salgueiro ou a faia. Xa que este tipo de insectos realizan o
proceso da metamorfose, despois de vivir unha parte da súa vida como eirugas,
na que se alimentan constantemente, viven a fase de pupa, unha vez que
se envolveron nun casullo de seda e permancen así baixo as follas das árbores.
Finalmente, rematan a súa vida converténdose en bolboretas durante un período
curto da súa vida.
Cada femia de bolboreta pon de 100 a 300 ovos, dos que nacen
estas eirugas peludas. As eirugas deben enfrontarse a unha serie de perigos en
forma de depredadores. Uns depredadores importantes son os escaravellos.
Estas eirugas non son velenosas, non pasaría nada se as
tocas, pero ten coidado de non facerlles dano! Tampouco lles fan ningún dano ás
árbores, máis ben ao contrario, pois contribúen a descompoñer a materia
orgánica, producindo abono.
Se atopades algunha eiruga e queredes saber que é, esta
páxina pode servirvos de axuda para identificala:
|
|
|
|
|
|
|
venres, 19 de outubro de 2018
Bichos bola
BICHOS BOLA (Oniscidea)
Hoxe algúns alumnos e alumnas de 3 de Educación Primaria, despois de traballar cos nosos composteiros, recollemos varios bichos bola para estudalos no noso vaso lúpa.
O bicho bola é un artrópodo, orde dos crustáceos, o único deles que vive en terra, aínda que respira por branquias e non pos pulmóns . Vive moi cerca de nós os humanos, en xardíns, parques... Coñecémolo polo nome de cochinilla, tanto en galego como en castelán. Tamén se lle chama cochinilla da humidade ou, en castelán, chanchito de tierra, marranito... En inglés chámano woodlouse.
Ten sete pares de patas e exoesqueleto (ou sexa, un esqueleto externo, por fora, para se protexer).
Estes bichos son beneficiosos para os hortos, pois contribúen a desfacer a materia vexetal e producir compost.
Gústalles vivir xuntos e acubillar uns sobre os outros, así manteñen o calor e a humidade.
Son animais pequenos e ovalados, que acadan preto dos 10 mm de longo. As súas actividades principais fanas de noite, son animais nocturnos.
Poden vivir uns 3 anos e cambian o seu caparazón 5 veces na súa vida, ata que son adultos.
Comen de todo, son omnívoros: follas, raíces, insectos mortos... Teñen dentes, que lles permiten mastigar comida sólida
Gústalles estar en lugares escuros e húmidos, baixo anacos de madeira podre, regañas, ocos no chan...
Cando se senten ameazados botan un líquido cheirento para escorrentar aos posibles depredadores, pero prefiren enroscarse en si mesmos, formando unha bola, de aí lles ven o seu nome.
Plantando
Onte xoves as alumnas e os alumnos de 6º de Educación Primaria estiveron traballando no horto. Plantaron leitugas dentro do invernadeiro e colaboraron na súa limpeza, coa que, como vedes, encheron os composteiros. Agora so quedan poñer por riba das leitugas a manta térmica, para manter unha boa temperatura e medrar sen problemas.
|
|
|
|
|
|
|
|
xoves, 18 de outubro de 2018
xoves, 11 de outubro de 2018
Cantaruxa!!
|
|
|
|
|
|
En galego soe chamarse CARRICANTA, CANTARUXA ou CANTARIÑA, e en castelán recibe nomes como GRILLO VERDE ou CHICHARRA ALICORTA.
A carricanta (Ephippiger ephippiger) es un ortóptero que ten unhas antenas moi longas. É grande, como podedes ver nas fotos e ten protexido o tórax por un pequeno escudo. Tamén podedes ver que se camufla moi ben entre a herba, pois tamén é de cor verde, aínda que tamén pode ser marrón e ás veces case negro. Gústalle vivir en lugares cálidos e soe ser herbívoro. Ten unhas as moi pequenas escondidas baixo o escudo no pescozo, pero non lle serven para voar, pero si para emitir un canto agudo e potente cando vai calor. Pode vivir entre 2 e 17 anos, segundo a especie, pero na etapa adulta so viven unha ou dúas semanas, so o tempo preciso para se reproduciren.
As femias soen morrer despois de poñer os ovos e morren ó pouco e a posta fana polo oviscapto, ese tubiño que vedes na súa parte traseira. Chegan a poñer ata 300 ovos!
As larvas nacen no outono, transfórmanse en ninfas e caen ó chan, penetrando na terra grazas ás patas anteriores, adaptadas para escavar. Nas galerías subterráneas viven varios anos comendo o zume das raíces. Para mudar saen da terra, soben ás árbores e alí convértense primeiro en imagos e despois en adultos.
É un insecto inofensivo para os seres humanos, aínda que semella ter un aguillón, xa sabedes que é o apéndice por onde botan os ovos.
Podedes ver máis información nas seguintes páxinas web:
http://faunapontevedra.blogspot.com/2011/06/chicharra-alicorta-ephippiger.html
https://ichn.iec.cat/Bages/brolles/Imatges%20grans/cEphippiger%20ephippiger.htm
https://gl.wikipedia.org/wiki/Carricanta
E nesta poderedes escoitar o seu canto: https://www.youtube.com/watch?v=N9biSGhKUUI
mércores, 10 de outubro de 2018
Ourizocachos!!
|
|
|
|
|
Este martes pola mañán a mamá de Mateo de 3º trouxo ao colexio dous ourizocachos que apareceron na súa casa para que os poidéramos observar no colexio. Despois, naturalmente, foron devoltos ao campo, onde teñen que vivir en liberdade. Ademais de observalos, na aula de 3º buscaron información sobre estes animais e foron contándoa polas demais aulas do colexio. Aprendemos, por exemplo, que comen insectos, verduras e froitas pero, coidado, algunhas froitas lles fan mal, non poden comer nin uvas, nin piña nin sandías. Tampouco alimentos con lactosa.
Hai algúns cursos aparecera no terreo do colexio un ourizocacho que estaba ferido. Chamáramos ao Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe e viñeran buscalo para tentar curalo, pois é unha especie protexida. Se vós atopades algún con mostras de estar ferido o mellor debedes chamar a este servizo no canto de tentar curalo en casa. Ademais, son animais salvaxes que precisan vivir en liberdade, non son ningunha mascota, para iso xa hai moitos animais domésticos que si o son, como os cans ou os gatos.
O ourizocacho (Erinaceus europaeus) é un mamífero insectívoro, gústalle vivir en lugares con moita vexetación e é frecuente en Galicia. Soe buscar os alimentos pola noite, e polo día pasa o tempo oculto en niños. Camiña moito e sabe nadar. Cando se sente ameazado enrodélase sobre si mesmo amosando cara fóra as súas púas.
Os pesticidas que se empregan na agricultura e o tráfico das estradas son os seus peores inimigos. Podedes ler máis información, por exemplo, na wikipedia, https://gl.wikipedia.org/wiki/Ourizo_cacho ou en www.faunaiberica.org/erizo-europeo.
venres, 5 de outubro de 2018
Traballo de compostaxe
A
semana pasada comezamos a traballar na compostaxe: recollemos os restos orgánicos de
orixe vexetal producidos no colexio: restos de merendas recollidos en diferentes
caldeiros polos corredores e máis nas entradas, e do comedor. Estes restos
levámolos aos composteiros que temos a carón do horto. Neste momento temos
catro composteiros, o que nos permite recoller sen problemas todos os restos que xera o horto a as
diferentes zonas axardinadas do recinto escolar. Ademais, podemos ir alternando
os compostadores, deixando os que están cheos que rematen o proceso de
transformación dos restos orgánicos en compost.
Ademais,
encargámonos de facer unha boa mestura, lembrándonos de remexer
periodicamente, verificar que os composteiros se manteñan húmidos e recoller restos de podas, de follas das numerosas árbores que temos...
Aínda
que é un proceso no que participa todo o alumnado, correspóndelles, ao igual
que no curso pasado, ás alumnas e aos alumnos da aula de 3º de Educación Primaria
o control e xestión de todo o proceso, que levan a cabo, en quendas de catro
colaboradores e colaboradoras, todos os venres despois do recreo.
Hoxe participaron, ademais, as alumnas e os alumnos de 3 anos, que estiveron axudándonos e vendo como facemos o traballo de compostaxe.
Hoxe participaron, ademais, as alumnas e os alumnos de 3 anos, que estiveron axudándonos e vendo como facemos o traballo de compostaxe.
Herba luísa
Estes
días estamos recollendo as follas das nosas plantas de herba luísa (Aloysia citriodora). A colleita deste anos
foi moi boa, e temos un montón de herba luísa para facer infusións. Agora
ímolas deixar secar durante uns días. Cando xa as teñamos listas deixarémolas
para que quen queirades poidades coller para preparar unha infusión na vosas
casa.
A herba
luisa é unha planta medicinal que ten accións antibacteriana, dixestiva, antioxidante, hepatoprotectora, antiinflamatoria,
relaxante, expecorante…, entre outras moitas!
Ademais, é unha
planta moi decorativa e ten un aroma moi especial (frota suavemente cos dedos
unha folla e despois ule, xa verás que ben arrecende!).
Na Wikipedia,
entre outras páxinas web, podedes atopar máis información.
|
|
|
|
|
xoves, 4 de outubro de 2018
Feixoa
A nosa feixoa xa está a dar feixoas. A feixoa (Acca
sellowiana), tamén chamada guaiabo, guaiaba..., é unha arboriña froiteira que
procede das zonas altas do centro de América do Sul e que se da moi ben en
Galicia. O seu froito ábrese pola metade para comelo e é moi doce e saborosa.
Se queredes poderédelas probar se vides nas vindeiras semanas polo colexio,
poñeremos un cesto delas na entrada do edificio sur (onde están as aulas de Primaria).
mércores, 3 de outubro de 2018
Ecobrigadas 2018-2019
Esta semana comezaron a traballar as Ecobrigadas no noso colexio. Emezaron as alumnas e os alumnos de 6º de Educación Primaria e seguirán o resto das aulas desta etapa. Como sabedes, se encargan de verificar que no noso colexio se cumpren as normas de aforro enerxético no consumo eléctrico, comprobando que non hai ningunha luz acesa se necesidade e que se consume so a enerxía precisa.
| |
martes, 2 de outubro de 2018
Actividade na Alameda
Onte luns, os alumnos e alumnas de Educación Infantil participamos nunha visita guiada polo Parque da Alameda de Santiago, organizada polo Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX). Unha guía deste Centro levounos por este parque ensinándonos e explicándonos moitas aspectos interesantes do mesmo. Así, saudamos ás Dúas Marías, tamén chamadas as "Dúas en Punto", que teñen unha escultura na entrada do parque. Despois estivemos nalgúns dos espazos máis interesantes do parque, tanto desde o punto de vista cultural como relacionado coa flora extraordinaria que podemos contemplar. Estivemos no palco da música, paramos a cantar diante do grupo escultórico dedicado a Rosalía de Castro, saudamos á escultura de Valle-Inclán... A Alameda de Santiago é un dos espazos máis interesantes para visitar na nosa cidade en todos os aspectos.
Neste blogue interésanos moito porque alí hai moitas especies de árbores e plantas moi interesantes, algunhas delas únicas. Aquí podemos ver moitas árbores incluídas no Catálogo de Árbores Xenlleiras elaborado pola Xunta de Galicia: un eucalipto centenario (Eucalyptus globulus), un tileiro prateado (Tilia tomentosa), un abeto (Abies nordmanniana), ou unha secuoia (Sequoia sempervirens). Moi perto, ademais, se encontra a carballeira de Santa Susana, clasificada como formación senlleira no mesmo catálogo. Pero tamén hai moitas árbores especiais e plantas de todo tipo. Visitar a Alameda é un pracer!!
| |
|
|
|
|
|
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)