xoves, 14 de marzo de 2019

ODE AO NACEMENTO DUNHA FOLLA

¿Que cantidade de marabilla
foi precisa para que
se producira este prodixio?
¿Que dor ou que alegría
sentiu a árbore
cando esta folla
xurdiu á luz de súpeto?
¿Que lle diría o vento
cando a ollou?
Cando se menea e vibra:
¿Que segredo ou mensaxe
nos quere transmitir?
¿Como e de que xeito
tivo que adelgazar a terra,
rubir árbore enriba, facerse
vidro musical e transparente
e ser delicada folla estremecida?

Manuel María
As lúcidas lúas do outono, 1988


Ningún comentario:

Publicar un comentario