luns, 18 de marzo de 2019

Día Internacional dos Bosques

Este xoves, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional dos Bosques, declarado así nunha resolución aprobada pola Asemblea Xeral da ONU para celebrar a importancia de todos os tipos de bosques e de árbores en xeral, e crear conciencia ao respecto, invitando aos estados membros a presentar e promover actividades concretas con respecto bosques e árbores en xeral. Na mesma páxina das Nacións Unidas podedes coñecer os diferentes actos que propoñen, vídeos e recursos que ofrecen. Esta celebración faise coincidir coa día en torno ao cal comeza a primavera no noso hemisferio.
O tema elixido para esta edición es "Os Bosques e a Educación: Aprende a amar o bosque!".
Hoxe máis da metade da poboación mundial vive en cidades e cada vez ten menos relación coa natureza. A ONU busca que as rapazas e os rapaces coñezan a importancia dos bosques e os seus beneficios para as nosas vidas e o planeta. Os bosques, entre outros beneficios, producen aire e auga limpios, conservan a biodiversidade e frean o cambio climático.
A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) amósanos dez cousas que deberíamos saber sobre os bosques. 
Pero a superficie que ocupan os bosques no noso planeta está diminuíndo, especialmente os bosques tropicais. Calcúlase que cada ano desaparece unha superficie de bosque equivalente a toda Andalucía, segundo a asociación Greenpeace.
Os bosques sosteñen a biodiversidade, regulan o clima e son vitais para o benestar human, segundo WWF.






Fotografías obtidas da wikipedia: 


Ningún comentario:

Publicar un comentario