Marzo é o terceiro mes do ano no noso
calendario, e ten 31 días. O seu nome deriva do latín Martius, que era o
primeiro mes do calendario romano. Martius, á súa vez, derívase de Mars, o nome
en latín de Marte, deus romano da guerra.
O 20 de marzo, ás 22h 58m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento)comezará a primavera. Durará 92 días e 18 horas e remata o 21 de xuño, co comezo do verán.
En
toda a primavera Marte será visible despois de poñerse o Sol. Ao mencer veremos Venus, Saturno e Xúpiter, que será visible durante toda a noite cara fins
da primavera. Nesta estación non haberá ningún eclipse, nin de Sol nin de Lúa.
Tamén teremos que cambiar a hora, polo
que poderemos aproveitar máis as horas de luz pola tarde. O día 27 de marzo ás
2:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 3:00 da mañá. Así teremos máis horas de luz
polas tardes, mentres que pola mañá amencerá máis tarde. O cambio horario
prodúcese dúas veces ao ano e o seu obxectivo é aforrar enerxía.
Marzo adoita ser un mes moi cambiante,
con días moi chuviosos e fríos e outros asollados e primaverais. Tamén soe
aumentar a temperatura media, aínda que as mañás seguirán a ser frescas. Por
outro lado, soe ser un dos meses máis ventosos na nosa Comunidade.
Ao ser
un mes de transición entre o inverno e a primavera, disporemos de froitas e verduras de
tempada como as acelgas, tomates, amorodos ou xudías verdes.
Neste mes celebramos o Entroido, que finalizou o pasado mércores 6, o Mércores de Cinza.
Entre as celebracións que se levan a cabo este ano destacan as seguintes datas:
- 3 de marzo - Día Mundial da Natureza
- 8 de marzo - Día Internacional das Mulleres
- 21 de marzo - Día Mundial dos Bosques
- 21 de marzo - Día da Poesía
- 22 de marzo - Día Mundial da Auga
- 27 de marzo - Día Internacional do Teatro
O día 19 de marzo, San Xosé, ademais, é festivo en Galicia, e noutras comunidades (Comunidade Valenciana, Murcia, Navarra e País Vasco.
Informacións obtidas das seguintes páxinas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Marzo
https://astronomia.ign.es/inicio-de-las-estaciones
https://noticias.eltiempo.es/10-cosas-debes-saber-del-mes-de-marzo/
Ningún comentario:
Publicar un comentario