mércores, 27 de marzo de 2019

CORRER

Hai uns meses no noso colexio organizáramos unha carreira solidaria (Lavuelta al cole contra la leucemia infantil) que tivo moito éxito, corremos a maioría das rapazas e rapazas, moitas nais e moitos pais, mestras e mestres... Hoxe queremos animarvos a que sigades correndo porque, como veredes, correr ten moitísimos beneficios para a saúde e o noso benestar.
Se queredes, tamén podedes participar en carreiras que se organizan no noso Concello e en moitos lugares de Galicia. Na páxina da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com, no apartado de calendario. No vindeiro mes de abril hai varias carreiras en Santiago, unha en Teo e outra en Sigüeiro (esta última o 26 de abril), ademais de noutros lugares de Galicia. 
Está demostrado que practicar deporte de forma habitual é beneficioso para a saúde física e mental. Por se iso non fose suficiente, está ligado a valores positivos que entran a formar parte da personalidade e nos enriquecen como persoas.
Correr é saúde.
É practicar exercicio físico, apostando por un xeito de vida saudable. Tamén é poñerte a proba, aprender a coñecer os teu límites, é un desafío físico. É tamén a busca do benestar. Ademais, é un claro exemplo de superación persoal.
A forza de demostrar os seus beneficios, hoxe é un dos deportes máis practicados en todo o mundo por rapazas e rapaces, adultos, avós e avoas, homes e mulleres...
Segundo sinalan os expertos, ao correr o noso corpo ponse en acción sen necesidade de seguir ritmos alleos, non esixe tempos, nin niveis, pois os obxectivos son persoais. Por iso, é unha das actividades máis simples e completas á vez.
Correr tonifica, elimina graxas, favorece ao corazón, estimula a axilidade, pon máis resistencia á fatiga e mellora o equilibrio mental.
Está demostrado cientificamente que ao practicar calquera tipo de deporte, incluso unha camiñada rápida, o corpo xera endorfinas, que son substancias que actúan como neurotransmisores e que producen unha xenuína sensación de benestar.
Correr mellora o sistema cardiovascular, a función pulmonar e a capacidade cognitiva, diminúe o risco de padecer infartos e anxinas de peito. Ademais, aumenta o colesterol bo (LDL) e reduce o risco de coágulos, mellorando a eficacia dos pulmóns, mantén a elasticidade das arterias, e protexe o corpo do colesterol malo e a arteriosclerose.
Co exercicio se manteñen útiles os tecidos musculares, ligamentos e tendóns. Sen el, os nosos osos e músculos se debilitan e deterioran progresivamente. Unha actividade física de intensidade moderada, como é saír a correr varios días pola semana permite fortalecer os músculos de todo o esqueleto e axuda a previr a osteoporose.
Segundo investigacións estadounidenses, o exercicio estimula un tipo de células nai (mesenquimatosas) para que creen células xeradoras de novo tecido muscular, que podería evitar a perda muscular relacionada coa idade. Así mesmo, reduce o declive físico e psicolóxico.

Investigacións da Universidade de Monash, en Australia, suxiren que a actividade física de correr pode aumentar a produción de cartílago, e protexer as articulacións da artrite. Tamén contribúe a diminuír a celulite, axuda a mellorar a flexibilidade e a coordinación, elementos fundamentais para garantir unha vida confortable e autosuficiente a idades avanzadas.
Ademais, correr mellora e aumenta a autoestima e a autoconfianza, pois permite comprobar con facilidade como día a día se van superando obstáculos e se vai mellorando. Tamén, reduce o estrés e a ansiedade mediante a descarga de enerxía e a eliminación de presións e tensións acumuladas. Posto que se se reducen as tensións, redúcese a posibilidade de padecer outras enfermidades.
Investigadores da Universidade de Southern Methodist, mostraron que as persoas reaccionan moito mellor ao estrés se realizan un exercicio aerobio intenso con regularidade.
Realizar deporte é  tamén un medio de socialización, pois permite as relacións con outros afeccionados.
Ademais, aumenta a calidade do descanso.
Un estudio realizado na Universidade de Gotemburgo, Suecia, demostrou que os pacientes que padecían migrañas tiñan menos episodios de cefalea cando adestraban ao aire libre durante 40 minutos tres veces á semana durante tres meses.
Por último, mencionar que correr regula o apetito e facilita as dixestións.
Moitas razóns para correr
1. Correr é unha maneira eficiente para lograr un bo nivel de adestramento cardiovascular.
2. Correr é o más accesible dos deportes aerobios. Sen importar onde esteas sempre vas atopar un lugar preto e agradable para correr. Non precisas instalacións especiais nin equipamento pesado.
3. Correr é barato e fácil de aprender. So precisas un bo par de zapatillas, roupa deportiva e ganas de empezar.
4. Correr é o método máis económico para reducir o estrés.
5. Correr é un excelente compoñente de calquera programa de redución de peso, porque consumes calorías de maneira rápida.
6. Correr é o método más flexible de adestramento. Podes correr a calquera paso, con ou sen compañía, e no horario que máis te guste ou que mellor se acomode á túa axenda.
7. Correr faite sentir ben. O teu estado físico, confianza e autoestima, aumentan a medida que progresas no teu programa.
8. Correr permite a los afeccionados participar nos mesmos eventos que os atletas de máis alto nivel. No podes xogar ao fútbol nas ligas profesionais, nin participar no Tour de France, nin xogar na Liga ACB de baloncesto. Pero si podes correr en carreiras (10 quilómetros, Maratóns...) xunto cos mellores atletas.
9. Correr é para persoas de todas as idades. Hai programas de adestramento para rapaces, para "master", para "senior" e para quen teña ganas de correr.
10. Correr é un excelente medio para facer novas amizades. Vas coñecer a moita xente saudable e te vai sorprender cantas cousas tes en común cos demais.




Ningún comentario:

Publicar un comentario