mércores, 27 de marzo de 2019

CORRER

Hai uns meses no noso colexio organizáramos unha carreira solidaria (Lavuelta al cole contra la leucemia infantil) que tivo moito éxito, corremos a maioría das rapazas e rapazas, moitas nais e moitos pais, mestras e mestres... Hoxe queremos animarvos a que sigades correndo porque, como veredes, correr ten moitísimos beneficios para a saúde e o noso benestar.
Se queredes, tamén podedes participar en carreiras que se organizan no noso Concello e en moitos lugares de Galicia. Na páxina da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com, no apartado de calendario. No vindeiro mes de abril hai varias carreiras en Santiago, unha en Teo e outra en Sigüeiro (esta última o 26 de abril), ademais de noutros lugares de Galicia. 
Está demostrado que practicar deporte de forma habitual é beneficioso para a saúde física e mental. Por se iso non fose suficiente, está ligado a valores positivos que entran a formar parte da personalidade e nos enriquecen como persoas.
Correr é saúde.
É practicar exercicio físico, apostando por un xeito de vida saudable. Tamén é poñerte a proba, aprender a coñecer os teu límites, é un desafío físico. É tamén a busca do benestar. Ademais, é un claro exemplo de superación persoal.
A forza de demostrar os seus beneficios, hoxe é un dos deportes máis practicados en todo o mundo por rapazas e rapaces, adultos, avós e avoas, homes e mulleres...
Segundo sinalan os expertos, ao correr o noso corpo ponse en acción sen necesidade de seguir ritmos alleos, non esixe tempos, nin niveis, pois os obxectivos son persoais. Por iso, é unha das actividades máis simples e completas á vez.
Correr tonifica, elimina graxas, favorece ao corazón, estimula a axilidade, pon máis resistencia á fatiga e mellora o equilibrio mental.
Está demostrado cientificamente que ao practicar calquera tipo de deporte, incluso unha camiñada rápida, o corpo xera endorfinas, que son substancias que actúan como neurotransmisores e que producen unha xenuína sensación de benestar.
Correr mellora o sistema cardiovascular, a función pulmonar e a capacidade cognitiva, diminúe o risco de padecer infartos e anxinas de peito. Ademais, aumenta o colesterol bo (LDL) e reduce o risco de coágulos, mellorando a eficacia dos pulmóns, mantén a elasticidade das arterias, e protexe o corpo do colesterol malo e a arteriosclerose.
Co exercicio se manteñen útiles os tecidos musculares, ligamentos e tendóns. Sen el, os nosos osos e músculos se debilitan e deterioran progresivamente. Unha actividade física de intensidade moderada, como é saír a correr varios días pola semana permite fortalecer os músculos de todo o esqueleto e axuda a previr a osteoporose.
Segundo investigacións estadounidenses, o exercicio estimula un tipo de células nai (mesenquimatosas) para que creen células xeradoras de novo tecido muscular, que podería evitar a perda muscular relacionada coa idade. Así mesmo, reduce o declive físico e psicolóxico.

Investigacións da Universidade de Monash, en Australia, suxiren que a actividade física de correr pode aumentar a produción de cartílago, e protexer as articulacións da artrite. Tamén contribúe a diminuír a celulite, axuda a mellorar a flexibilidade e a coordinación, elementos fundamentais para garantir unha vida confortable e autosuficiente a idades avanzadas.
Ademais, correr mellora e aumenta a autoestima e a autoconfianza, pois permite comprobar con facilidade como día a día se van superando obstáculos e se vai mellorando. Tamén, reduce o estrés e a ansiedade mediante a descarga de enerxía e a eliminación de presións e tensións acumuladas. Posto que se se reducen as tensións, redúcese a posibilidade de padecer outras enfermidades.
Investigadores da Universidade de Southern Methodist, mostraron que as persoas reaccionan moito mellor ao estrés se realizan un exercicio aerobio intenso con regularidade.
Realizar deporte é  tamén un medio de socialización, pois permite as relacións con outros afeccionados.
Ademais, aumenta a calidade do descanso.
Un estudio realizado na Universidade de Gotemburgo, Suecia, demostrou que os pacientes que padecían migrañas tiñan menos episodios de cefalea cando adestraban ao aire libre durante 40 minutos tres veces á semana durante tres meses.
Por último, mencionar que correr regula o apetito e facilita as dixestións.
Moitas razóns para correr
1. Correr é unha maneira eficiente para lograr un bo nivel de adestramento cardiovascular.
2. Correr é o más accesible dos deportes aerobios. Sen importar onde esteas sempre vas atopar un lugar preto e agradable para correr. Non precisas instalacións especiais nin equipamento pesado.
3. Correr é barato e fácil de aprender. So precisas un bo par de zapatillas, roupa deportiva e ganas de empezar.
4. Correr é o método máis económico para reducir o estrés.
5. Correr é un excelente compoñente de calquera programa de redución de peso, porque consumes calorías de maneira rápida.
6. Correr é o método más flexible de adestramento. Podes correr a calquera paso, con ou sen compañía, e no horario que máis te guste ou que mellor se acomode á túa axenda.
7. Correr faite sentir ben. O teu estado físico, confianza e autoestima, aumentan a medida que progresas no teu programa.
8. Correr permite a los afeccionados participar nos mesmos eventos que os atletas de máis alto nivel. No podes xogar ao fútbol nas ligas profesionais, nin participar no Tour de France, nin xogar na Liga ACB de baloncesto. Pero si podes correr en carreiras (10 quilómetros, Maratóns...) xunto cos mellores atletas.
9. Correr é para persoas de todas as idades. Hai programas de adestramento para rapaces, para "master", para "senior" e para quen teña ganas de correr.
10. Correr é un excelente medio para facer novas amizades. Vas coñecer a moita xente saudable e te vai sorprender cantas cousas tes en común cos demais.




martes, 26 de marzo de 2019

Plantando pementos e cebolas

Este luns as alumnas e os alumnos de 5º de Educación Infantil, de arredor de 4 anos foron plantar no horto. Plantaron pementos de Padrón dentro do invernadoiro e cebolas fóra deste. Traballaron moi ben! A partir de agora prestarán moita atención ao crecemento destas plantas, que se dean ben e que moi pronto se poidan comer os seus froitos!





luns, 25 de marzo de 2019

Visita ao Museo Vivente do Mel


O pasado venres o alumnado de Educación Primaria foi de excursión ao Museo Vivente do Mel, en “O Enredo do Abelleiro”, en Portodemouros (Arzúa). Alí ensináronos como é o proceso de elaboración do mel, tamén sobre a vida das abellas e da súa importancia para a vida no noso planeta, pois que axudan a moitas plantas a facer a polinización para que poidan reproducirse. As alumnas e alumnos tamén fixeron candeas con cera producida polas abellas. Tamén merendaron nun espazo moi interesante, con troncos de árbores curiosos e herba. Pasámolo moi ben!!  

















Benvida á Primavera


O xoves pasado no colexio celebramos o Día da Poesía dándolle a benvida a primavera con poemas. Varias aulas leron, recitaron e cantaron poemas sobre a primavera. Ademais, celebramos o Día Internacional dos Bosques falando da importancia das árbores na vida sobre o noso planeta. E, xa estamos a vivir a nova primavera, benvida primavera!!


xoves, 21 de marzo de 2019

Plantación conxunta


Este mércores as alumnas e alumnos de 4º de Educación Infantil e de 5º de Educación Primaria foron plantar ao horto. Plantaron unhas corenta leitugas. As rapazas e os rapaces maiores acompañaron e axudaron en todo momento ao alumnado de infantil, primeiro a poñer as botas e despois a plantar no invernadoiro. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todas e para todos, e fixeron un bo traballo! Ademais, tiveron oportunidade de observar a lagoa, na que xa hai ras!













luns, 18 de marzo de 2019

Día Internacional dos Bosques

Este xoves, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional dos Bosques, declarado así nunha resolución aprobada pola Asemblea Xeral da ONU para celebrar a importancia de todos os tipos de bosques e de árbores en xeral, e crear conciencia ao respecto, invitando aos estados membros a presentar e promover actividades concretas con respecto bosques e árbores en xeral. Na mesma páxina das Nacións Unidas podedes coñecer os diferentes actos que propoñen, vídeos e recursos que ofrecen. Esta celebración faise coincidir coa día en torno ao cal comeza a primavera no noso hemisferio.
O tema elixido para esta edición es "Os Bosques e a Educación: Aprende a amar o bosque!".
Hoxe máis da metade da poboación mundial vive en cidades e cada vez ten menos relación coa natureza. A ONU busca que as rapazas e os rapaces coñezan a importancia dos bosques e os seus beneficios para as nosas vidas e o planeta. Os bosques, entre outros beneficios, producen aire e auga limpios, conservan a biodiversidade e frean o cambio climático.
A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) amósanos dez cousas que deberíamos saber sobre os bosques. 
Pero a superficie que ocupan os bosques no noso planeta está diminuíndo, especialmente os bosques tropicais. Calcúlase que cada ano desaparece unha superficie de bosque equivalente a toda Andalucía, segundo a asociación Greenpeace.
Os bosques sosteñen a biodiversidade, regulan o clima e son vitais para o benestar human, segundo WWF.






Fotografías obtidas da wikipedia: 


COMEZO DA PRIMAVERA!!


A primavera comezará este mércores, 20 de marzo, ás 22h 58m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministeriode Fomento). Durará 92 días e 18 horas, rematando o 21 de xuño, día no que comezará o verán.


venres, 15 de marzo de 2019

Entrega de leitugas

O pasado martes as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria levaron cadansúa leituga á casa, que plantaran hai un tempo. Preparáronas para levar as alumnas e os alumnos de Educación Infantil, e as súas mestras.

xoves, 14 de marzo de 2019

ODE AO NACEMENTO DUNHA FOLLA

¿Que cantidade de marabilla
foi precisa para que
se producira este prodixio?
¿Que dor ou que alegría
sentiu a árbore
cando esta folla
xurdiu á luz de súpeto?
¿Que lle diría o vento
cando a ollou?
Cando se menea e vibra:
¿Que segredo ou mensaxe
nos quere transmitir?
¿Como e de que xeito
tivo que adelgazar a terra,
rubir árbore enriba, facerse
vidro musical e transparente
e ser delicada folla estremecida?

Manuel María
As lúcidas lúas do outono, 1988


luns, 11 de marzo de 2019

MARZO 2019


Marzo é o terceiro mes do ano no noso calendario, e ten 31 días. O seu nome deriva do latín Martius, que era o primeiro mes do calendario romano. Martius, á súa vez, derívase de Mars, o nome en latín de Marte, deus romano da guerra.


O 20 de marzo, ás 22h 58m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento)comezará a primavera. Durará 92 días e 18 horas e remata o 21 de xuño, co comezo do verán.
En toda a primavera Marte será visible despois de poñerse o Sol. Ao mencer veremos Venus, Saturno e Xúpiter, que será visible durante toda a noite cara fins da primavera. Nesta estación non haberá ningún eclipse, nin de Sol nin de Lúa.

Tamén teremos que cambiar a hora, polo que poderemos aproveitar máis as horas de luz pola tarde. O día 27 de marzo ás 2:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 3:00 da mañá. Así teremos máis horas de luz polas tardes, mentres que pola mañá amencerá máis tarde. O cambio horario prodúcese dúas veces ao ano e o seu obxectivo é aforrar enerxía.
Marzo adoita ser un mes moi cambiante, con días moi chuviosos e fríos e outros asollados e primaverais. Tamén soe aumentar a temperatura media, aínda que as mañás seguirán a ser frescas. Por outro lado, soe ser un dos meses máis ventosos na nosa Comunidade.
Ao ser un mes de transición entre o inverno e a primavera, disporemos de froitas e verduras de tempada como as acelgas, tomates, amorodos ou xudías verdes
Neste mes celebramos o Entroido, que finalizou o pasado mércores 6, o Mércores de Cinza.
Entre as celebracións que se levan a cabo este ano destacan as seguintes datas:

  • 3 de marzo - Día Mundial da Natureza
  • 8 de marzo - Día Internacional das Mulleres
  • 21 de marzo - Día Mundial dos Bosques
  • 21 de marzo - Día da Poesía
  • 22 de marzo - Día Mundial da Auga
  • 27 de marzo - Día Internacional do Teatro
O día 19 de marzo, San Xosé, ademais, é festivo en Galicia, e noutras comunidades (Comunidade Valenciana, Murcia, Navarra e País Vasco.

Informacións obtidas das seguintes páxinas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Marzo
https://astronomia.ign.es/inicio-de-las-estaciones
https://noticias.eltiempo.es/10-cosas-debes-saber-del-mes-de-marzo/