O mércores e o xoves pasado fíxose unha gran transformación no horto do colexio. Trasladouse o invernadoiro para un novo lugar, un terreo novo que nos cedeu a Concellaría de Medio Rural do Concello de Santiago, detrás do valado sur. Foi posible grazas ao traballo desinteresado de Joao, o pai dunha alumna da aula de 5º, quen estivo traballando arreo: o mércores pola tarde traballou preparando o terreo para poder mover o invernadoiro do seu lugar, traballando con forza, como podedes ver no vídeo.
O xoves pola mañán, Joao estivo traballando de novo, desinstalando o invernadoiro de onde estaba e levándoo á nova ubicación, o que supuxo cavar zanxas, preparar o novo terreo, facer unha canalización para levar a auga ata alí... Tamén foi posible grazas ao traballo de Carlos, avó doutro alumno da mesma aula, quen veu cunha excavadora para realizar todas as labouras precisas (volver encher os espazos onde estivera o invernadoiro, preparar o novo terreo, cavar zanxas... Ademais, puxeron os troncos que tiñamos para comezar a crear o novo patio activo, que vai ser unha chulada!
Tamén estiveron a traballar outros pais de alumnas e alumnos, como podedes ver.
Moitas grazas aos dous, polo voso esforzo e traballo para que todas e todos poidamos desfrutar agora duns novos espazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario