Esta semana fixemos na aula de 5º dous experimentos relacionados, pois que en ambos os dous trabállase con cores.
O primeiro, que chamamos Arco da vella no prato, consiste en poñer nun prato unhas cantas lentellas de chocolate e azúcar coloreado, botarlles auga e ver o que ocorre. A cor abandoa os caramelos e tingue a auga, pero as cores non se mesturan. O azúcar aumenta a densidade da auga e forma barreiras de cor.
O segundo experimento, Mestura de cores,
traballa a capilaridade, que é a capacidade, grazas a cal a auga pode
subir aproveitando conductos minúsculos, o que lle ven moi ben, por
exemplo, ás plantas para levar a auga da raíz ás follas. Neste caso, o
papel de cociña transmite por capilaridade a auga coloreada duns tarros a
outros, formando, así as cores secundarias violeta, laranxa e verde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario