Esta semana na aula de 5º de Educación Primaria conseguimos formar un tornado dentro dunha botella, aquí tedes un pequeno vídeo sobre o resultado:
O procedemento que seguimos foi o seguinte
1. Enchemos de auga unha das botellas ata aproximadamente 2/3 da súa capacidade. Se quere podes engadirlle colorante alimenticio.
2. Collemos os dous tapóns e facémoslles un furado do mesmo tamaño en ambos os dous tapóns.
3. Despois pegamos os tapóns, facendo una tubaría improvisada con dos roscas, coa que podemos unir as dúas botellas.
4. A continuación colocamos os tapóns ás botellas e poñemos unha cara arriba e a outra ao revés.
5. Xiramos as botellas no sentido das agullas do reloxo varias veces, poñémolas nunha mesa e observamos o que ocorre...
O que sucede é que se forma un pequeno tornado dentro da botella.
Ao comezo, cando a botella chea está arriba, e a de abaixo so contén aire, a auga case non cae, polo efecto da presión atmosférica. Para que saia a auga ten que entrar aire nesa botella, e faino formando burbullas. Se axitamos a auga facendo círculos permitimos que o aire da botella de abaixo poida subir. Así se forma un vórtice de remuiño e a auga empeza a xirar rapidamente debido á forza centrípeta, que fai que a auga se pegue ás paredes da botella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario